REVISTA ABRIL

Taller Paint&Wine

03dec17:00Taller Paint&WineARTE E MUSEOS | 50,00€17:00(GMT+01:00) Taller Alaselva

Detalles do eventos

O vindeiro 3 de decembro de 17h a 20h, Alaselva organiza un taller de Paint&Wine. A idea é moi sinxela, durante tres horas pintas un cadro tomando un viño (cervexa, refresco…) e o mellor é que non necesitas experiencia xa que é un cadro guiado e ao rematar levas unha obra para casa lista para colgar. Nesta ocasión, a pintura escollida é ‘Centola e cítricos’ de Luís Seoane.

Que inclúe o taller? Música, unha botella de viño cada dous e todo o material para pintar incluído. Só necesitas ganas de pasalo ben!

Casa taller ALASELVA é o espazo artístico no que Antía Sánchez quere ofrecer á comunidade creativa unha nova maneira de experimentar a arte. Ademais das súas clases de pintura e debuxo, ofrece este novo concepto de taller, Paint&Wine, con carácter bimensual. Unha experiencia lúdico-creativa para as mentes máis inquietas, nova en Galicia, aínda que xa coñecida nas grandes capitais.

O pasado outubro realizouse a primeira sesión e promete establecerse na cidade. A temática pola que aposta a súa promotora é a de deixarnos impregnar por artistas galegos, desde os máis consagrados a emerxentes. É por iso que nestas dúas primeiras sesións xa desfilaron dous grandes coñecidos (Lugrís e Seoane) pero adianta que para xaneiro apostarán por unha artista local xa coñecida por moitos: Diana Cordeiro, pintora Viguesa que guiará o próximo Paint&Wine, permitíndonos camiñar co seu proceso creativo e realizar coa técnica da espátula unha obra orixinal, tomándonos un bo viño.

Se queres coñecer máis sobre taller Alaselva, podes ler o artigo que fixemos hai un tempo.

Sábado 3 ás 17:00

Reserva de praza no 654 831 086

Máis

Hora

(Sábado) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Taller Alaselva

Rúa San Paio, 118, bajo, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events