REVISTA ABRIL

Bulego + Berto

03dec21:30Bulego + BertoCONCERTOS | Desde 12,00€21:30(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Bulego está sendo a grande revelación do ano en Euskadi. Máis de 40 datas dende o verán avalan o bo facer da banda, participando en festivais de ámbito estatal como BBK Live, SONORAMAA RIBERA, EZCAFEST ou o EHZ.

O 3 de decembro actuarán por primeira vez en Galiza na Sala Rebullón de Tameiga grazas ao programa Artistas en Ruta do IAE xunto a Berto, que presenta o seu novo disco, ‘SINTO’. Estará acompañado no directo dunha sorprendente banda con María Soa e Lorena Cachito.

A música de Berto empúrrate directamente á pista de baile, cortes pop no que mestura diferentes estilos que van desde a electrónica ata o trap, pasando polo post-punk, el R’n’B e o synth pop. En ‘SINTO’ poderemos atopar 13 himnos bailables e vitalistas, que retratan as idas e voltas, as inquietudes e os soños da xente nova de hoce en día, con xiros que soan a The Weekend ou a Dualipa.

‘SINTO’ é un álbum que xurde da obsesión do artista por cómo se sentía ao compoñer as primeras letras do disco. O estilo do disco é sobre todo pop de dormitorio, música urbana e música dos anos 80. A mensaxe final é positiva. Un disco que evoca tamén á saúde mental e a coidarse a un mesmo.

Sábado 3 ás 21:30

Entrada anticipada por 12€ (á venda na cantina de As Padriñas e online)
Na billeteira 15€.

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events