CIRCO DE NADAL
JORGE PARDO

As nosas recomendacións para despedir o ano en Vigo

Xa non queda nada para despedir o 2022, un ano no que recuperamos as reunións con amigos, os concertos multitudinarios e as apertas! Máis alá das badaladas da Noitevella, aquí deixamos unhas cantas ideas para despedir o ano dunha maneira moi completa e entrar no 2023 ben preparados.

Vestiario e perruquería
Antes de nada, temos que prepararnos para a festa. Se queremos vestir un traxe co que sentirnos especiais podemos pasar por tendas de comercio local como Le Marché de Rachel ou Sr. Nilsson nelas Mariló e Cristina axudarannos a atopar a peza coa que ir elegantes e que mellor se adapten ao noso estilo. Se un dos noso propósitos de aninovo é ser máis sostible, podemos empezar agora e comprar a roupa de segunda man en Flamingos Vintage Kilo, hai pezas únicas e así aseguramos non coincidir con ninguén. Doutra banda, se o que buscamos é un estilo cómodo e urbano, Woodtown é a nosa tenda. Non esquezamos incluír algunha xoia para meter na copa de champaña! Seguindo coas tradicións, a roupa interior vermella non pode faltar, en Nikis atoparemos propostas cheas de retranca.

Para completar o noso look , non esquezamos pedir cita en PELUQart para cortarnos o pelo, tinguilo, facer un peiteado divertido… o que queiramos!

Pendentes de Sr. Nilsson

Festa previa
Para ir quentando motores antes da cena de Noitevella, en Vigo hai moitas actividades para facer, tanto para público adulto como familiar.

O día 30 pola tarde, os máis pequenos da casa poden celebrar antes que ninguén a festa de fin de ano en Mapis. A tenda de puericultura organiza unha especial para eles, con música, uvas e moita diversión. Outra actividade para cativos vén da man da Sala Ártika, que o propio 31 de decembro ofrece a súa derradeira sesión do VIII Festival Pequeártiko coa obra ‘Os tres porquiños’.

O público adulto tamén ten festa durante o día 31, como en O Lar das Artes, que acolle o concerto de Ari Magritte e Flocos en sesión vermú. Para tomar algo cos amigos antes da cea, o centro e o Casco Vello da cidade van estar a ferver. O Bar Primavera, Alta Fidelidad, La Tita Rivera ou Nós son algúns dos mellores sitios da zona para tomar unha cervexa no último día do 2022.

Bar Primavera

Hora de cear
A cea de fin de ano é un momento de xuntanza cos nosos e unha ocasión para comer riquísimo e entrar rodando no 2023.

Os cocinillas, saberedes que o máis importante é a materia prima. No Mercado de Teis atoparemos produtos de primeira calidade cos que elaborar o noso prato estrela e deixar aos invitados coa boca aberta. E para completar unha boa cea, podemos mercar unha boa sobremesa no Trigal, como turróns artesáns, troncos de Nadal, polvorones…

REVISTA NOVEMBRO

Se preferimos non complicarnos a vida, podemos encargar a cea en Outro Conto, que teñen un menú vexetariano moi completo, variado e delicioso. Ou podemos saír de casa e cear con vistas á ría no Albatros, que teñen preparada unha cea con festa incluída para entrar no 2023 todos xuntos.

Mercado de Teis

Festa rachada
Sodes máis de saír de festa ou de quedar na casa cantando cos concertos da tele? Se escollemos a primeira opción, alegraranos saber que Vigo ten gran cantidade de oferta de festa para celebrar este fin de ano.

A Sala Doppler, Kominsky ou Molotov son os nosos locais favoritos para recibir o 2023 bailando. Na zona das Travesas temos o Ícaro ou o Maispalá na empinada rúa de Manuel Núñez; ambos cun ambiente máis relaxado e íntimo, pero nos que no falta tampouco a festa. Se es un amante da cervexa, Nós é a cervexaría ideal onde pasar a noite máis movida do ano, que estarán abertos ata as 4:30h. Máis alonxado do centro está O Lar das Artes, que tamén vai montar unha gran festa de fin de ano con barra libre e moita música. Ademais haberá chocolate con churros para seguir coa tradición e comezar ben o 2023.

Sala Doppler