REVISTA ABRIL

8 pés: Juan de la Rubia

25nov21:008 pés: Juan de la RubiaCONCERTOS | De balde21:00(GMT+01:00) Concatedral de Santa María

Detalles do eventos

A Clásica celebra a segunda edición do festival de órgano 8 pés. A Concatedral de Santa María de Vigo acollerá a cita do 23 ao 26 de novembro ás 21:00h, semana na que se celebra Santa Icía, patroa de músicos e músicas. Esta edición volverá incluír visitas guiadas ao órgano da Concatedral e concentrará en Vigo a un grupo de artistas excepcionais de proxección internacional.

O venres 25 chegará un dos concertos máis especiais desta edición co o valenciano Juan de la Rubia, organista titular da Basílica da Sagrada Familia. Na última década, de la Rubia especializouse na improvisación sobre películas de cinema mudo. Fai máis dunha década, en 2011, levou por primeira vez á práctica a improvisación ao órgano da película Fausto de F. W. Murnau. O resultado destes concertos sempre é diferente polo que hai unha grande expectación por como será na Concatedral de Vigo.

PROGRAMACIÓN

  • Mércores 23:Franck + Torres, Aula de órgano do Conservatorio de Ourense
  • Xoves 24: Alize Mendizabal
  • Venres 25: Fausto, Juan de la Rubia
  • Sábado 26: Daniel Oyarzabal coa Orquesta Clásica de Vigo
  • Visitas guiadas ao Órgano Alberdi da Concatedral: 23, 24 e 25 ás 17:00h e 17:30h (15 pax por pase)
  • Visita aos órganos de Tui e Vigo: 26 ás 10:00h (30 pax)

Os concertos e visitas ao órgano da Concatedral son de balde, previa retirada de convite na plataforma Enterticket. A única actividade de pago é a visita aos órganos de Tui e Vigo e custa 15 euros (transporte incluído), tamén dispoñible nesta plataforma.

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Concatedral de Santa María

Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events