Skip to content
VIALIA
  • Facebook
  • Twitter
  • Instragram
A Movida

A Movida

A Movida é a axenda cultural e de ocio en Vigo. Aquí poderás atopar todos os eventos que se organizan na cidade, concertos, espectáculos, festivais, charlas, actividades deportivas, festas…

  • Inicio
  • Axenda
    • Actividades deportivas
    • Actividades para o coco
    • Arte e Museos
    • As Nosas Festas
      • Nadal en Vigo
      • A Reconquista
      • Entroido
    • Concertos
      • Castrelos
    • Espectáculos
    • Festivais e Feiras
    • Gastro
    • Pequerrechos
  • Amovigo
  • A revista
    • Contidos
    • Exemplares en PDF
    • Onde atopala
    • Subscrición
    • As túas movidas
  • A Movidiña
  • Locais recomendados
  • A movida en
UNDERFEST
  • Amovigo

Que facer en Vigo a última semana de 2022

Publicado o 28 Decembro, 2022 por Inés García

Adiantámonos á fin de semana e recompilamos 10 plans para estes últimos días de 2022. Podedes ampliar a información de cada evento premendo no título e na axenda de eventos de A Movida encontraredes moitos máis opcións.

Edición 2018 da carreira San Silvestre

Charla con Santi Araujo – Xoves 29 ás 18h en Panda Bohème – De balde
O músico contará o que significa o caderno de Traveler’s Notebook para el, xa que non hai concerto ao que non o leve. Incluso pode que ensine as súas creacións.

VIII Festival Pequeártiko – 29, 30 e 31 de decembro na Sala Ártika – Desde 8€
Mi amigo el dragón, Quixote e Os tres porquiños son as 3 obras que se representan estes últimos días no festival infantil de teatro e títeres Pequeártiko. Este ano celebrou a súa 8ª edición.

Presentación O Lume – Xoves 29 ás 18.30h en Banda Deseñada – De balde
David Rubín, un dos autores do momento, virá prender lume a Vigo coa presentación do seu derradeiro libro ‘O Lume’.
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade ante o inevitable desastre.

Xira Xirarei – 29 e 30 de decembro en La Fábrica de Chocolate – 13€
Tony Lomba e Elio dos Santos celebran o seu tradicional concerto de Nadal. O título do concerto deste ano, Xira Xirarei, fai referencia á canción inédita que estrearán para tal ocasión, algo que tamén é xa tradición. Eladio Santos adianta que a letra parafrasea nalgún momento o Xirarei de Xil Ríos, pero que o ritmo “vai por outro lado completamente distinto”.

Taller Lego Harry Potter – Venres 30 ás 18h en El Corte Inglés – De balde
Se che apaixona o universo Hogwarts e gústanche as construcións, non te perdas o taller de Lego Harry Potter. O obradoiro vai recomendado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Esfínter – Venres 30 ás 21h no Teatro Afundación – Desde 12€
Tras unha exitosa xira no nadal de 2021, volve ‘Esfinter, o mellor espectáculo para pechar o ano’, de David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas. Un show de monólogos, onde tres dos cómicos con máis carreira do noso país, contarán as aventuras que lles suceden durante os últimos 12 meses.

VIOLENCIA

Trilitrate – Venres 30 ás 21h na Sala Kominsky – 10€
Trilitrate é un proxecto audiovisual nado en 2012, que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia. Actualmente, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco: ‘Está de Grelo’.

Moon Cresta – Venres 30 ás 21.30h en Sinatra Cóctel Bar – 10€
Case 3 anos pasaron xa dende a última vez que Moon Cresta pisa o escenario dunha sala na súa cidade. Moitas gañas de atoparse co seu público no formato máis próximo, cercano e intenso onde o seu lema ‘baile, suor e xúbilo’ acada unha dimensión e intensidade especiais.

Ari Magritte – Sábado 31 ás 12.30h en O Lar das Artes – De balde
Para despedir o ano, O Lar das Artes organiza un concerto en sesión vermú de Ari Magritte, que presenta o seu disco Oráculo. Estará acompañada pola percusionista Flocos.

Carreira San Silvestre – Sábado 31 ás 17h na Porta do Sol – De balde
Vigo recupera unha das carreiras máis divertidas do calendario: a San Silvestre. Na edición de 2022, que como é habitual terá lugar o propio día de fin de ano, os corredores percorrerán 4 km de distancia, nun circuito circular polo dentro da cidade. Anímase a todos os participantes a acudir disfrazados e como sempre haberá premios para os máis orixinais.

REVISTA NOVEMBRO
The following two tabs change content below.
  • Bio
  • Últimos posts

Inés García

Últimos posts de Inés García (ver todos)

  • Recomendacións para despedir o Nadal coma Reis en Vigo - 4 Xaneiro, 2023
  • Que facer en Vigo a última semana de 2022 - 28 Decembro, 2022
  • As nosas recomendacións para despedir o ano en Vigo - 27 Decembro, 2022
  • Un Nadal cheo de actividades para toda a familia - 23 Decembro, 2022
  • Bad Gyal, Jorge Drexler e La M.O.D.A entre as primeiras confirmacións do Festival Portamérica - 20 Decembro, 2022

Apoia a cultura en Vigo, subscríbete a A Movida
Únete a nosa familia de #Amovidalovers e recibirás tódolos meses a revista na túa casa. Coa túa subscrición estarás contribuindo a que o proxecto medre e sigamos traballando a prol dunha cidade máis activa.

Publicaciones relacionadas:

  1. Que facer en Vigo esta fin de semana
  2. Que facer en Vigo esta fin de semana
  3. Que facer en Vigo esta fin de semana
  4. Que facer en Vigo esta fin de semana?
agenda Vigo axenda vigo carreira san silvestre Concerto concertos vigo cultura Elio Santos y Tony Lomba Esfinter fin de ano monólogo MOON CRESTA Música nadal plan planes Vigo plans en Vigo que facer en vigo que hacer en vigo Rubín Santi Araujo teatro Vigo

Hoxe móvese

novembro

Mar de VigoAv. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

12nov(nov 12)15:3013(nov 13)21:30Vigo Global Summit 2025ACTIVIDADES PARA O COCO | Desde 12,00 €15:30 (12) - 21:30 (13)(GMT+01:00) Mar de Vigo

Asociación Cultural Évame OrozaSubida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

13nov(nov 13)10:00Exposición: 'Unha man que imaxina un mundo'ARTE E MUSEOS| De balde(novembro 13) 10:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Clot. Café de especialidadRúa Illas Baleares, 16

13nov19:00'El triatlón a través de España'ARTE E MUSEOS | De balde19:00(GMT+01:00) Clot. Café de especialidad

RioLagaresRúa Falperra, 16, 36202 Vigo, Pontevedra

13nov19:3019:59Presentación do número 17 da Revista 'NOVA ARDENTÍA'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 - 19:59(GMT+01:00) RioLagares

TODOS OS EVENTOS
VIOLENCIA
TODAS AS EXPOSICIÓNS

Axenda pequerrechos

novembro

Sede da Deputación de PontevedraRúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

15nov12:00O bosque dos contos: Como escorrentar un loboPequechos | De balde12:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Sede da Deputación de PontevedraRúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

15nov18:00Obradoiro CollagePequechos | De balde18:00(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Teatro SalesianosRúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

16nov12:00Os Tres PorquiñosPEQUECHOS | Desde 13,20 €12:00(GMT+01:00) Teatro Salesianos

Auditorio Municipal do ConcelloPraza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

16nov18:00VIGOCULTURA: 'Bichitos'PEQUERRECHOS | 5,00 €18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Séguenos nas redes

A escena musical viguesa

Música local
  • Quen somos
  • Contacto
  • #AMOVIDALOVERS
  • Publica o teu evento
  • Newsletter
  • Sorteos
  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • © A Movida
X