CAMELIAS MASCOTAS

Sesión vermú con Povarelo

Algunha vez pensamos que o vermú sería unha moda breve para despois encariñarnos con esa copiña doce e saborosa que nos empurra a quedar coas amizades ao sol sen hora de retirada. Moda ou non, hai bodegas que levan décadas elaborando este viño macerado co mesmo agarimo que o mellor tinto. É o caso de Povarelo, un vermú elaborado no Carballiño a partir dunha base vínica dunha coidada selección de viños galegos e seguindo a receita da familia Paniagua desde 1940.

O segredo de Povarelo está na calidade do viño, descartando as opcións da colleita que non dean a calidade esixida, e na paciencia. Os viños gárdanse en barricas de carballo durante 14 semanas e os botánicos macéranse por separado para lograr un equilibrio e un corpo perfecto na mistura. Atopamos notas de asente, canela, regalicia e sabugueiro no vermú roxo e azar, loureiro, eucalipto balsámico e cardamomo para aromatizar o vermú branco. Unha vez aderezado, o líquido repousa novamente; 100 días no caso do branco e 150 no do vermello.

Non é complicado atopar Povarelo, pois a marca leva a cabo moitas accións a pé de rúa colaborando sempre cos hostaleiros. Hai varios locais en Vigo nos que degustar dun grolo de Povarelo, cada espazo cunha proposta diferente:

La Quesería (Rúa de Teófilo Llorente, 12)

Comezamos a peregrinación no centro da cidade, en La Quesería; unha tapería no casco vello cuxo nome deixa claro cal é o produto estrela da casa: o queixo, un alimento do que serven ata 65 variedades en táboas, tostas, croquetas e provolone. A maioría proceden de pequenas factorías estatais. Ángeles, a dona, proponnos unha maridaxe cunha sorprendente tetilla con chourizo, un pouco de queixo azul, ou un macerado en romeu e pementa negra que contrastan co punto doce da bebida.

Las Barricas (Camiño Fontela, 130)

Aproveitando o sol, poñemos rumbo á praia. A carón da capela da Nosa Señora do Carme, en Canido, chegamos a Las Barricas; un negocio de tapas tradicionais, moi frecuentado polos veciños da zona e perfecto para xuntanzas con amigos polo tamaño abundante das racións que serven e ampla terraza interior. Pablo, que colleu os mandos do local en 2011, suxírenos acompañar o vermú roxo con produtos do mar, como unha tapa de luras ou unha torrada de polbo con tetilla e vinagreta de tomate.

Los 3 Monos (Avenida de Samil, 43)

Co solpor, poñemos encamiñámonos a un local próximo, nas inmediacións da praia de Samil, lugar perfecto para desfrutar do espectacular ceo sobre as Cíes e dun ambiente festivo. Los 3 Monos é unha das aperturas máis sonadas nas últimas semanas; un local polivalente no que se pode desde tomar un vermú ata quedar a cear.

Pero se preferimos catar o sabor de Povarelo na casa ou facer con el un regalo, na web da bodega dispoñemos de estoxos para quedar sempre con bo sabor de boca.

DATOS DE CONTACTO

REVISTA NOVEMBRO

Web:               povarelo.com

Facebook:       @Povarelo

Instagram:      @povarelo

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.