The Wild Cinema convida a participar con filmes sobre natureza e sustentabilidade
O festival The Wild Cinema, abre o prazo para a recepción de obras audiovisuais con temática de natureza, aventura e sustantibilidade. The Wild Cinema forma farte do festival The Wild, que se celebra do 5 ao 7 de setembro no Parque Forestal de San Miguel de Oia.

Este evento cinematográfico único distínguese polo seu enfoque en temáticas de natureza, aventura e sustentabilidade e nas súas seis anteriores edicións proxectou curtametraxes e longametraxes nominadas nos premios Goya e Óscar e seleccionadas en certames de referencia como Wild & Scenic Film Festival de California, e o BANFF Mountain Film Festival de Huesca.
The Wild Cinema é parte da ecléctica programación de The Wild, que se celebra en San Miguel de Oia (Vigo) os días 5, 6 e 7 de setembro, no que tamén teñen lugar concertos, actividades deportivas e espectáculos familiares. A aposta polas proxeccións de cine dentro da programación convirte a The Wild nun festival único dentro do panorama de festivais en Galicia. As proxección lévanse a nunha gran pantalla led no merendeiro do Parque Forestal, ofrecendo unha experiencia cinematógrafica diferente e ao aire libre.
O prazo de presentación de filmes está aberto ata o 30 de xuño de 2025 a través do formulario dispoñible na web e a plataforma Festhome. Como en anos anteriores, as curtametraxes proxectadas optan a tres premios: Gran Premio The Wild Cinema, á mellor longametraxe; Gran Premio The Wild Cinema, á mellor curtametraxe e Premio Esperanza, ao mellor filme medioambiental.
As pezas presentadas deberán ter unha duración máxima de 30 minutos para as curtas e 150 minutos para as longas. Aceptaranse traballos realizados no ano 2023 ou posterior. As obras presentadas deberán respectar a igualdade, a diversidade e a non discriminación e ter como eixo temático central a natureza, fauna, ameazas medioambientais, activismo ecolóxico ou deportes de aventura e montaña. As obras en calquera lingua diferente ao castelán ou galego deberán incluír subtítulos en calquera destas dúas linguas.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Milongas, o asador que non anda con contos - 9 Novembro, 2025
- O Festival de órgano 8 Pés celebra o seu quinto aniversario coa edición máis internacional - 7 Novembro, 2025
- Pepe Solla chama á solidariedade na Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo - 7 Novembro, 2025
- Antía Muíño e Grande Amore, embaixadores galegos na nova edición de Girando por Salas - 4 Novembro, 2025
- O Mapa Literario de Vigo conecta 300 obras e 150 autores cos espazos da cidade - 28 Outubro, 2025


