REVISTA ABRIL

Jorge Drexler e Dorian entre os novos concertos do TerraCeo, que suma sesión vermú

Jorge Drexler, Corizonas e Dorian confirman as súas datas na programación do Festival TerraCeo. Ademais, a banda local Eladio y Los Seres Queridos anuncia o seu concerto en sesión vermú, no que presentarán Academia, coa interpretación dunha canción no escenario do TerraCeo.

Actuación de Eladio y Los Seres Queridos na terraza do Auditorio | Noelia Míguez

Desde a propia terraza do Auditorio Mar de Vigo, que dá nome ao festival, o grupo vigués Eladio y Los Seres Queridos confirmaba a súa participación no Festival TerraCeo 2021. O 5 de de xuño, en sesión vermú, presentarán o seu novo disco, do que deron hoxe unha pequena mostra. O grupo atópase entre as catro grandes novas incorporacións á programación do festival que completan Corizonas (10 de xullo), Jorge Drexler (11 de agosto) e Dorian (13 de agosto). Pendentes de confirmación das datas, pero con asistencia asegurada, atópanse Tanxugueiras e Batea, unha banda de folk rock de recente creación.

As entradas para os concertos de The Soul Jacket e de La Bien Querida están a piques de esgotarse, así como as das segundas datas de Carlos Sadness e Andrés Suárez. Están dispoñibles na plataforma online Teuticket, á que se pode acceder premendo neste enlace. Desde o pasado 22 de abril, tamén poden comprarse fisicamente no local do Faro de Vigo (Policarpo Sanz, 22 – Vigo, Pontevedra) de luns a venres, de 9.00 a 14.00; e de luns a mércores, tamén de tarde, de 17.00 a 19.00.

Os grupos Eladio y Los Seres Queridos e Batea engrosan a lista de artistas locais que aproveitarán a oportunidade do TerraCeo para presentar os seus últimos discos, Academia e Tampoco somos los Rolling, respectivamente. Polo tanto, a terraza do Auditorio Mar de Vigo albergará 41 concertos e actuacións de artistas vigueses, nacionais e internacionais, dunha gran veriedade de xéneros musicais. A programación completa, a continuación (as novas confirmacións están marcadas en negriña):

MAIO

REVISTA ABRIL
  • 1 Taburete
  • 7 Carlos Sadness
  • 8 Carlos Sadness
  • 14 Andrés Suárez
  • 15 Andrés Suárez
  • 21 Baiuca
  • 22 Resentidos
  • 23 Kevin Johansen
  • 28 Los Secretos
  • 29 Pol Granch

XUÑO

  • 4 Annie B. Sweet
  • 5 Eladio y Los Seres Queridos
  • 5 Juancho Marqués
  • 11 The Soul Jacket
  • 12 Kutxi Romero
  • 13 David Rees
  • 18 La Habitación Roja
  • 19 Sr Chinarro
  • 25 La Bien Querida
  • 26 El Kanka

XULLO

  • 2 Califato 3/4
  • 3 Sidonie
  • 9 Nach, piano e voz
  • 10 Corizonas
  • 15 Leo Harlem
  • 16 Leo Harlem
  • 17 Angel Stanich
  • 23 R de Rumba + Sho Hi
  • 24 Paco Ibáñez
  • 30 Freedonnia
  • 31 Triángulo de Amor Bizarro

AGOSTO

  • 5 Bala
  • 11 Jorge Drexler
  • 13 Dorian
  • 15 Grison e Jaime Caravaca
  • 20 Bely Basarte
  • 21 Rulo y la Contrabanda