Escolas de portas abertas: Colexio Santa Cristina
Vivimos nunha sociedade cambiante e en constante evolución. Necesitamos aprender habilidades e adaptarnos camaleonicamente para seguirmos avanzando. Isto téñeno moi presente no CPR Santa Cristina, centro privado concertado de ambiente familiar, que ofrece unha aprendizaxe baseada na estimulación temperá e no desenvolvemento das competencias necesarias para poder afrontar o futuro cos coñecementos precisos para medrar.
Abrangue un rango de idade dos 3 aos 16 anos. Desde o proxecto «Ensinar é aprender a vivir», aquí confíase firmemente na educación en valores, na liberdade e na responsabilidade, logrando alumnos autónomos, respectuosos, con confianza en si mesmos e conscientes da importancia do esforzo. Neste colexio, as tecnoloxías ocupan un lugar esencial nas comunicacións, por iso traballan o desenvolvemento de habilidades dixitais e o uso axeitado e responsable destes recursos.
O modelo pedagóxico deste colexio basease en dúas metodoloxías importantes: na aprendizaxe cooperativa e na aprendizaxe por proxectos; así como o desenvolvemento de intelixencias múltiples. Contan cun servizo madrugador, comedor e actividades extraescolares diversas. Ademais inician unha temporada de portas abertas para que, baixo cita previa, poidamos visitar o centro os luns e martes en horario entre as 16:15 e as 19:00 horas.
Portas abertas: Luns e martes de 16:15 a 19:00 horas con cita previa.
www.cprsantacristinavigo.com/
986 251 309
@cpr.santacristinavigo
Rúa Portela, 87
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023