Traballo manual: peto reciclado
É fundamental que os nenos se conciencien coa reciclaxe, a reutilización e a redución de todo o que prexudique a natureza. Por iso, as actividades nas que aproveitamos o lixo que nos mesmos xeramos permítennos traballar a importancia de coidar o medioambiente á vez que facemos algo divertido xunto aos máis pequenos da familia. Ademais, os traballos manuais axúdanlles a desenvolver a súa imaxinación, creatividade e motricidade.
Neste caso, darémoslle unha segunda vida a unha botella plástica converténdoa nun gracioso peto de porquiño.
Necesitamos:
Botella plástica
5 tapóns
Tesoiras ou cúter
Pistola de silicona ou cola branca
Rotulador permanente negro
Procedemos:
O ideal sería unha botella de tamaño pequena e ancha pero tamén podemos aproveitar unha grande. Neste último caso, cortaremos a parte do medio e unimos os dous extremos de xeito que pareza unha botella de menor tamaño. A parte do bico debería ir por dentro dá base. Podes fixar a unión cun pouco de silicona.
Ou seguinte será facer ou burato por onde botar as moedas. Sempre con axuda e supervisión dun adulto á hora de realizar os cortes . Para que estes bordes non queden tan afiados e deixen de ser perigosos para os cativos, podemos pegar un anaco de esparadrapo sobre a rañura, facer un corte no medio e dobrar cara dentro, así quedará mais protexido.
Poñemos os catro tapóns simulando as patas do porquiño e xa podemos pasar a decorar! Faremos os ollos e orificios do fociño con rotulador e as orellas con cartón ou cartolina. Para os mais creativos, tamén se pode empregar materiais como goma eva, pintar o corpo todo con spray de cor ou mesmo colocarlle un limpapipas enroscado para facer o rabiño do noso porco aforrador.
Podes ler máis en…
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023