CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

PANTOQUE: a exposición que resume un ano de traballo nos asteleiros

O pasado venres 16 de novembro presentouse no MARCO a exposición PANTOQUE, un proxecto creativo multidiciplinar creado polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo Eduardo Armada nos Astilleros Armada. Estará dispoñible ata marzo do 2019 na planta baixa do museo. 

Un pantoque é a parte exterior do casco dun barco que xunto á quilla forma o fondo. Este é o nome que recibe esta exposición presentada inicialmente no propio estaleiro, e que agora poderemos visitar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, desde o 16 de novembro de 2018 ata o 31 de marzo de 2019.

CAMELIAS NADAL

PANTOQUE é un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada. A idea primixenia foi a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro.

O espazo elixido é Astilleros Armada, situado en Bouzas, Vigo, dende os anos vinte. En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller a Astilleros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade do estaleiro esfarelada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción.

O resultado deste longo proceso artístico podémolo ver no MARCO e de balde, no que atoparemos todo tipo de creacións artísticas: pintura, escultura, fotografía, vídeo… incluso unha intervención de Ramón Trigo nun dos muros da exposición, que irá aumentando periodicamente ata a data de clausura. Un proxecto ideado fai anos, levado a cabo grazas á xenerosidade de Astilleros Armada, que por fin atopa o seu lugar para ser observado como merece.

(GMT+01:00) Museo Marco