Vigo Emerxe

Vigo Emerxe 2019

Presente, pasado e futuro da música viguesa danse a man no Vigo Emerxe, un novo festival que terá lugar este sábado no Museo do Mar de 18:00 a 1:00 da madrugada. O evento combina algunhas das numerosas correntes musicais que podemos atopar na cidade, desde sons máis clásicos como o rock, o pop ou o folk con The Soul Jacket, Basanta, Maryland ou Santi Araújo; ata propostas urbanas e de vangarda como as que traen Kaixo, Bflecha, Babykatze ou r.e.a.l.

REVISTA ABRIL

Entre tanta xente nova tamén atopamos nomes que levan sendo referencia desde hai décadas, como son os de Nicolás Pastoriza, que actuará na sala científica do Museo, e o de Pablo Novoa, que realizará unha colaboración especial con The Soul Jacket. Mais no Vigo Emerxe non só atoparemos música: Laura Iturralde e Juanma Lodo encargaranse de realizar vídeo proxeccións na fachada principal do edificio, a maiores do traballo de iluminación de Alejandra Montemayor no xardín. Por se fora pouco, durante o evento, varios artistas convidados actuarán e intervirán nos interiores e exteriores do Museo.

Vigo Emerxe supón unha iniciativa exemplar e necesaria que busca darlles voz ás bandas autóctonas, algo do que moitas veces nos esquecemos. Agardamos que este proxecto se asente ano tras ano, converténdose nunha data de referencia musical na cidade.

ENTREVISTAS AOS GRUPOS PARTICIPANTES NO VIGO EMERXE: