VIALIA
PLAYDOC

Maryland: “Oxalá estás iniciativas non sexan puntuais e que saian moitas máis”

Despois de 10 anos do seu primeiro disco, Maryland continúa a ser unha das bandad de pop rock alternativo máis importantes da cidade. Veñen de sacar o ano pasado Resplandor, o seu último traballo, e xa teñen as miras postas no seguinte. Falamos con Pablo Castelo, baixista e co-fundador da agrupación.

Como definiriades o que facedes a alguén que non vos coñeza?

Aínda que soe a tópico, nunca fumos de poñer etiquetas, neste mundillo comezaron a colocarnos no EmoPop/PowerPop, dous discos despois éramos Indie/Rock e agora creo que estamos entre o Rock e o Pop, cando a música Pop abarca moitísimos rexistros. Facemos cancións como o resto de bandas porque necesitamos contar cousas.

Como e cando nace o voso proxecto musical?

Nace hai dez anos xa! Tanto eu coma meu irmàn viñamos de tocar noutras bandas e coñecimos a outros dous irmàns, Jaime e Arturo, cos que formamos a banda coa que gozar da nosa paixón que é a música. Pasou o tempo e atopámonos con catro discos no mercardo e con moito recorrido, coa sensación de que a travesía é larga, dando pasiños pequenos.

Que vos parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Calquera iniciativa de tipo cultural é ben recibida. É interesante que se intente amosar o que se fai nunha cidade, descubrir bandas e novos proxectos. Desde aquí pedir un voto de confianza para que estas iniciativas non sexan puntuais… que saian moitas máis. Vigo ten moitas bandas que traballan día a día para amosar as súas cancións. E non só apoiar a escena musical, a cultura forma parte da identidade dunha cidade .

Que outros artistas locais gustariavos ver no festival?

Temos moitas ganas de gozar de todos. Fainos moita ilusión tocar con Santi Araújo, que ademais de admiralo como autor, é como un irmán para min. Tamén coincidir con Belén de B-Flecha, despois de moitos anos.

Que opinades da escena musical local?

REVISTA ABRIL

Rica en bandas e proxectos pero cada vez resulta máis complicado. Existe un bloqueo enorme para que as bandas poidan medrar sen artificios.

Proxectos para este ano e o que vén.

Atopámonos na recta final deste traballo, xusto esta semana estreamos algo moi especial e bonito como peche final deste disco e xa nos poñemos co seguinte. Moitas ganas de maquetar todo o material novo que xa temos.