The Soul Jacket: “A música local está en constante evolución”

Aínda que os membros de The Soul Jacket non son novos nisto, serán un dos grandes atractivos desta primeira edición do Vigo Emerxe. Rock, soul, folk, blues, psicodelia… non hai xénero que se lles resista a estes seis músicos que xa son referencia a nivel nacional.

Os membros de The Soul Jacket no backstage | Jesús Figueirido

Como definiriades o que facedes a alguén que non vos coñeza?

The Soul Jacket é o son de seis músicos ás portas da terceira década do s.XXI poseídos por un espírito cultural e emocional que crías desaparecido hai moitos anos.

Como e cando nace o voso proxecto musical?

Supoño que como o da maioría de grupos: nalgún sótano sofocante, con moitas ganas pero poucas pretensións.

Que vos parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Moi interesante e moi necesaria. E o lugar non pode estar mellor escollido.

Que outros artistas locais gustariavos ver no festival?

Nitido, The Bo Derek’s, Family Folks, High Paw, os Voodoo Bandits, Bifannah, os Lelli Kellys… hai moitos.

Que opinades da escena musical local?

Que sempre está en constante evolución, pero precisamente non por seguir a corrente doutras cidades ou ser revivalista “ortodoxa”… penso que ten un aspecto “freak” e único que a fai distinta.

Proxectos para este ano e o que vén. 

Pois quedan algunhas datas máis pola península no que queda de ano e un peche de xira preto da casa a principios de decembro. E xa pensando no próximo disco, claro.

bannerAfundacion
Compartir
X