REVISTA ABRIL

Santi Araújo: “Intento que a música me axude a coñecerme e poder expresalo”

Despois de formar parte da banda La Familia, Santi Araújo decidiu iniciar unha carreira en solitario co EP Catedral, que está a colleitar moi boas críticas entre o público e a prensa, ademais de levalo a tocar en lugares como Madrid, Porto, PortAmérica, Surfing the Lérez ou no Náutico de San Vicente, con Jorge Drexler e Kevin Johansen.

Como definirías o que fas a alguén que non te coñeza?

Intento que a música me axude a coñecerme e poder expresalo. 

Como e cando nace o teu proxecto musical?

Supoño que desde que empecei a tocar a guitarra, igual mesmo antes. Publiquei as miñas cancións baixo outros nomes, pero a finais do ano pasado saquei o meu primeiro traballo en solitario.

Que che parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Marabillosa, é un gusto tocar nun festival que aposta 100% por artistas locais.

Que outros artistas locais gustaríache ver no festival?

Pois a verdade é que xa hai artistas locais que me gustaría ver (Maryland, Juanma Lodo, Nicolás Pastoriza e Pablo Novoa). O guay de este festival é que hai algúns proxectos que non coñezo, e teño moita curiosidade por ver que fan. 

Que opinas da escena musical local?

REVISTA ABRIL

Por sorte sigue habendo moito movemento, en diferentes estilos e escenas. A pesar de que a industria pasa por un momento un tanto extraño, alégrame ver que se seguen facendo cousas emocionantes a nivel local.

Proxectos para este ano e o que vén.

Pois todo apunta a que grabarei dous discos, en certo modo diferentes. Teño moitas ganas de facelos e compartilos.