REVISTA MARZO

Pablo Novoa: “Se non es ti mesmo pouco terás que contar”

Xa que Vigo Emerxe pretende revivir a relevancia musical da Movida viguesa coa música actual, Pablo Novoa será un dos representantes daquel movemento oitenteiro no que formou parte da mítica banda Golpes Bajos. Na actualidade podemos velo na televisión e acompañando a diferentes músicos, tanto en directo como en estudio. No festival realizará unha colaboración especial con The Soul Jacket.

Pablo Novoa o ano pasado na gala do Pergamiño Vindel | Alba Sotelo

Como lembras os teus inicios na música?

Lembro a ilusión por tocar, o descoñecemento absoluto de ese mundo, a loita por compaxinalo cos estudos e o pensamento de que só chegaría a ser un hobby.

Que consello lle darías a alguén que esté a comezar agora?

Consello? O único importante é a ilusión, aprender sempre, estar en contacto coa cultura e desenrolar a túa propia personalidade. Se non es ti mesmo pouco terás que contar.

Que che parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Calquera iniciativa a favor das artes é benvida. E coidar a música local é facer canteira.

Que outros artistas locais gustaríache ver no festival?

Non quero dar moitos nomes. Sigo a música viguesa desde Madrid e teño lagoas. Intento estar informado pero quero ser prudente porque non o vivo día a día. De todos os xeitos, teño moitas ganas de volver a coincidir con Woyza e a xente de 2us.

Que opinas dos novos artistas que están xurdindo nos últimos anos?

Banner A Movidiña

Evidentemente sempre vai saindo xente con moito talento. Nestes tempos, ademais con moitos coñecementos e moita pericia como instrumentistas. Digo o de antes. O importante e desenrolar unha carreira propia. E hai moitos nomes que podería dar!

Proxectos para este ano e o que vén.

A parte do traballo en Late Motiv estou en contactos para facer un par de producións. Tamén os concertos con Mastretta, Iván Ferreiro, Víctor Coyote… e no outono comezarei a preparar meu próximo disco.