VIALIA
bannerPicnicSesions

Basanta: “Vigo nunca deixa de sorprender, a creatividade flúe en cada recuncho”

Do xurdido nesta cidade nos últimos anos, Basanta é unha das propostas máis interesantes e misteriosas no eido do rock, como así o demostra a súa participación en numerosos festivais ao longo da península. Rock, folk, psicodelía e ocultismo mestúranse nesta nova agrupación que promete dar moito que falar.

Basanta durante o seu concerto no Rock in Río Tea do ano pasado | Pablo V.

Como definiriades o que facedes a alguén que non vos coñeza?

Ritual – Sex – Magick.

Como e cando nace o voso proxecto musical?

No solsticio de verán de 2016. Invocamos á deusa do amor, Babalon, a que cabalga a Besta, brindamos con viño e brillaron as melodías, o pop e as fadas.

Que vos parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Unha oportunidade fantástica de coñecer a nova vangarda da cidade.

Que outros artistas locais gustariavos ver no festival?

KOOLTRANE, Cutcracker, Dallasgracias, Los Marcianos, Kings of the Beach, Stasia Momento, Maldito Murphy, e á mellor banda de black metal do estado: BALMOG

Que opinades da escena musical local?

REVISTA ABRIL

Vigo nunca deixa de sorprender. A creatividade flúe en cada recuncho. Cada xeración ten as súas virtudes e os seus referentes e a nós encántanos prestar atención a todo o novo que se crea nestas húmidas rúas.

Proxectos para este ano e o que vén.

Novo single, novo videoclip, novo disco. Tamén perfeccionar as prácticas con sixilos nas escuras artes da Goetia.