CAMELIAS MASCOTAS

Vigo, cidade de cor: Milu Correch

Sendo aínda moi nova, esta recoñecida muralista arxentina leva unha boa bagaxe ás costas. Aos cinco anos púxose a pintar na rúa, e ten claro que a arte é pura subxectividade. «As miñas obras significan o que ti queiras», asegura. Tamén ten moi claro que a arte non é un simple produto estético, idea sobre a que máis de un debería reflexionar, e sentencia: «O capitalismo captura absolutamente todo; é necesario que os actores tomemos mínimas posicións, xa que ás veces somos o circo de procesos nefastos e arcaicos como o ornamento urbano».

O mural sitúase á altura do número 26 da avenida de Castelao.

Juan Teixeira
Fotógrafo documental e xestor cultural

The following two tabs change content below.
Juan Teixeira é un fotógrafo documental con sede en Vigo. Cursou estudos de Publicidade e RRPP, pero pronto se decatou de que aquel non era o seu lugar. A través dunha serie de viaxes por Sudamérica e o sueste asiático, observou que a fotografía era unha forma de relacionarse e explorar o mundo dun modo moi persoal, coma un espectador que intenta comprender o que sucede ao seu redor. Desde entón intenta comprender ese mundo que o rodea, centrándose nas persoas e as súas relacións con outras persoas, coa sociedade, a natureza e o tempo e o lugar que a cada unha lles toca vivir.

Últimos posts de Juan Teixeira (ver todos)