CAMELIAS MASCOTAS

Un Nadal cheo de actividades para toda a familia

Hoxe dan comezo as vacacións de Nadal e en Vigo e arredores hai programadas unha morea de actividades para que nenos e nenas se entreteñan antes da volta ás clases. Espectáculos, obradoiros, contacontos ou visitas guiadas son algunhas das opcións para facer estas festas. Podedes ampliar a información de cada evento premendo no título.

VIII Pequeártiko – Do 22 ao 31 de decembro na Sala Ártika – Desde 8€
O festival Pequeártiko celebra a súa oitava edición cun programa de nove días consecutivos do mellor teatro infantil e de títeres. A illa da deslembranza, Estrellas, Quixote ou A galiña azul son algunhas das obras que pasarán polo escenario da Ártika estes últimos días de 2022.

Vigolandia – Do 26 ao 30 de decembro no IFEVI – 6€
Un salón de lecer para o goce e diversión de todos e que mantén desde o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Ademais, as familias de Vigo poderán disfrutar dunha enorme variedade de actividades.

No Nadal… un conto – Do 17 de decembro ao 7 de xaneiro – De balde
A Concellaría de Normalización Lingüística achega un programa de actividades para que a nosa cultura, as nosas tradicións e patrimonio e a nosa lingua conte as súas historias e propón actividades para todas e todos. Concertos, teatro, aguinaldos, obradoiros, rap, beatbox, arrolos, contos, xogos educativos, cantos de berce… para público familiar e en diferentes localizacións. Podedes consultar todas as actividades na axenda.

Circo de Nadal – Do 2 de decembro ao 8 de xaneiro – Desde 16€
O Circo de Nada, este ano conta a historia dunha panadería en apuros, e que mellor localización para contar esta historia que a gran Panificadora de Vigo. Unha boa forma de contextualizar unha historia fantástica nun escenario local e achegar ao público á historia recente da nosa cidade. Cun elenco formado por 15 artistas con acróbatas, malabaristas, funambulistas e paiasos de varias partes do mundo.

Bibliotecas públicas de Vigo – De balde
A Biblioteca Central de Vigo e a Xosé Neira Vilas organizan diferentes actividades para pequenos durante estes días de vacacións de Nadal. Peter and the wolf, Este Nadal regáloche unha historia e A viaxe das bolboretas son algunhas das opcións recomendadas.

La granja de Zenón – Mércores 28 ás 16.30h e ás 19h no Teatro Afundación – Desde 15€
Bartolito, Zenón, El Lobo Beto, La Potranca Margarita, A Vaca Lola e todos os animais de La Granja volven ao teatro. Un show musical e inmersivo que che permitirá transitar polas catro estaciones do ano acompañado das súas mellores cancións.

El origen del hielo: Tributo a Frozen – Martes 27 ás 17.30h no Mar de Vigo – Desde 14€
A compañía onbeat levou a súa propia historia homenaxe a Frozen nun espectacular tributo que triunfa na Gran Vía de Madrid, con impresionantes voces e gran posta en escena, ademais dun guión totalmente orixinal que defende os valores da defensa do medioambiente e do amor familiar, baseado na historia das raíñas das neves e de Frozen, a película.

Sede RC Celta – Venres 23 e luns 26 de decembro – De balde
Os cativos poderán coñecer a algúns dos seus xogadores favoritos do RC Celta coas actividades de Nadal que teñen programadas. Un contacontos con Sergio Álvarez e unha firma con Iván Villar e Kevin.

VI Galicia Magic Fest – Luns 26 e martes 27 no Teatro Afundación – Desde 10,80€
Magos con premios internacionais e prestixio mundial chegados de diferentes países danse cita en Vigo para deixar alucinados durante 90 minutos ao público galego con efectos de maxia e ilusionismo.

REVISTA NOVEMBRO

Inventio – Martes 3 ás 17h e ás 20.30h no Mar de Vigo – Desde 15€
Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin rastro nin lembranza ningunha.

Museo do Mar de Galicia – Do 24 de decembro ao 8 de xaneiro – De balde
O Museo do Mar acolle unha serie de actividades e visitas para os cativos. Ademais, Salinae tamén organiza 2 actividades para estes días. Acuario para pequenos, Reciclando no Nadal, Un paseo polo mar, Baixo os nosos pés e Tecendo en Roma.

A gran aventura do corpo humano – Do 6 de decembro ao 8 de xaneiro na Av. Castelao – Desde 9€
Gran exposición interactiva a tamaño xigante sobre os segredos do corpo humano.  Unha actividade pensada para toda a familia e totalmente interactiva. Permitirá tocar e sentir ós máis pequenos, dun xeito divertido e aprenderán recorrendo tódolos órganos do corpo e as suas curiosidades.