VIALIA
bannerPicnicSesions

Obradoiro: este nadal regáloche unha historia

28dec10:30Obradoiro: este nadal regáloche unha historiaPEQUERRECHOS | De balde10:30(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

Durante as vacacións de Nadal, a Biblioteca Xosé Neira Vilas organiza un obradoiro interxeracional de narración oral, reciclaxe e imaxinación, no que avós e netos poden gozar dun tempo de lecer xuntos. Contando historias e traballando para crear un agasallo de Nadal único e diferente a partir de obxectos en desuso.

Esta actividade quere por en valor a importancia do consumo responsable dun xeito ameno e divertido, espertando conciencias e sensibilidades, e reflexionando sobre todo o que pode ofrecer aínda un obxecto “vello” se o pensamos dunha maneira creativa.

Idade: público infantil a partir de 5 anos e adultos maiores de 65

Mércores 28 ás 10:30

Entrada de balde, previa inscrición na biblioteca, por correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou a través do teléfono 986 267 759.

Máis

Hora

(Mércores) 10:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events