CAMELIAS MASCOTAS

Todas as actividades para vivir un Nadal do máis familiar

O Nadal deste ano vén cargado de actividades para todos os gustos e idades, xa que as crianzas tamén terán unha ampla variedade de opcións de lecer: pista de patinaxe, chocolatada, museos, contacontos, teatro… De todo!

Unha nena falando con Papá Noel na súa caseta | Pablo V.

Aproveitando que desde hoxe a rapazada está de vacacións de Nadal, o número de opcións de lecer multiplícase. Grandes ou pequenos, todos van ter algo para facer este Nadal sexan cales sexan os seus gustos.

Unha das grandes atraccións deste Nadal e dos meses posteriores será a pista de xeo do Náutico, que estará do 25 de novembro ás 19.00 horas ao 10 de marzo. Ao seu carón, ademais dun carrusel e outros divertimentos, teremos ata finais de xaneiro unha rampa de esquí na que poderemos descender cun donuts xigante. Outra pista de xeo tamén a atoparemos en Samil, onde tamén poderemos botar unhas divertidas carreiras de karts ata o 20 de xaneiro. E seguindo coa actividade física, o domingo 23 será o flashmob na Porta do Sol a ritmo de Queen. 

Para os máis pequenos temos a iniciativa ‘No Nadal… un conto’ da Consellería de Normalización Lingüística, na que numerosos contacontos galegos percorrerán distintos lugares da cidade para traer ás crianzas as súas mellores historias. Consulta as datas e achégate a algunha das actividades que terán lugare entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro.

O Apalpador vai ter moitro traballo este Nadal, xa que o sábado 22 estará no Calvario pola mañá, na Praza da Industria pola tarde e no Berbés no serán. Para os máis lambóns, o sábado haberá unha chocolatada na Praza da Princesa na carpa do Café Solidario, onde ademais haberá distintos talleres de pintacaras e impresión de fundas para o móbil. E por se quedastes con fame,  haberá máis chocolatadas e actividades tanto esta fin de semana como a seguinte nos diferentes barrios vigueses.

Se o voso é o teatro, teredes numerosos espectáculos ao longo da semana no IV Festival Pequeártiko de Nadal na Sala Ártika. No Teatro Ensalle tamén teñen unha semana cargadiña de eventos para os cativos con numerosas obras de teatro e títeres. E non vos esquezades de que ata o día 24 Papá Noel agarda por vós na súa caseta na Rúa do Príncipe, onde despois estará o Carteiro Real ata o día 5 de xaneiro para entregarlle as vosas cartas aos Reis Magos. Ademais, algúns centros comerciais e mercados como o do Progreso e A Laxe organizan actividades para crianzas como talleres de reciclaxe, obradoiros gastronómicos ou zonas de construcción.

REVISTA NOVEMBRO

O mércores 26 abrirá, ata o domingo 30, Vigolandia No IFEVI, un gran espazo de lecer e xogo para as crianzas. Alí gozarán con inchables, unha tirolina, unha ponte tibetana e numerosos talleres, xogos e deportes. Os mesmos días estará O Mundo Extraterreste no Mar de Vigo, unha zona infantil na que haberá photocall, manualidades para terrícolas, taller de deseño 3D de extraterrestres, talleres de cociña e maquillaxe, actividades de aventuras, xogos e maquetas, xogos sensoriais e psicomotrices para os bebés.

Nestas datas os museos e exposicións tamén organizan actividades familiares. O Centro Arqueolóxico Salinae oferta actividades didácticas e visitas guiadas de balde os domingos pola mañá. O venres 28 no Museo do Mar, ademais de realizar unha visista, poderás ver como dan de comer ás diferentes especies de peixes do acuario. Na Sede Afundación deseñaron un xogo de sala para que os pequenos visitantes se aproximen á exposición ‘Latexos na Colección de Arte Afundación’ dun xeito lúdico e didáctico, de xoves a sábado ata xuño. No Edificio Cambón tamén teñen contacontos, obradoiros e charlas coa natureza e a sustentabilidade como protagonistas.

Para máis información consultar a nosa axenda para pequechos!