CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Queen pon a banda sonora do flashmob de Nadal

Onte anunciouse que Don’t stop me now, a famosa canción de Queen, será a canción escollida para o flashmob de Nadal que terá lugar o próximo 23 de decembro na Porta do Sol ás 19:00. Todos os pasos da coreografía podémolos ver explicados nun vídeo subido a YouTube, para ir ensaiando estas semanas que quedan.

Desde a década dos 80 nunca estivera tan de moda Queen, con seguridade debido á recente estrea de Bohemian Rhapsody, o biopic do seu cantante Freddie Mercury. Onte dábase a coñecer que Don’t stop me now, probablemente unha das cancións máis coñecidas da banda británica, é a escollida para o flashmob do día 23 na Porta do Sol debido principalmente ao éxito desta película.

CAMELIAS NADAL

Este ano o evento está organizado Bolbolúa Animación, a diferenza doutras edicións que foron levadas a cabo por Vigo Baila. O escenario estará situado diante do hotel “Puerta del Sol”, preto da cafetería Don Gregorio. Este flashmob leva realizándose desde 2011, nunha primeira edición na que bailaron unhas 25 persoas. O fenómeno foi medrando ano tras ano e nas últimas edicións  bailaron ao redor de 1500 persoas, ademais de centos de curiosos que se achegan a ver o espectáculo.

Na canle de YouTube de Ángel Martínez Piñeiro, un dos impulsores deste evento, podemos ver un vídeo de tres minutos e medio no que explica paso por paso todos os movementos da coreografía. Igual que en anos anteriores, con isto pretenden que as persoas interesadas en acudir a este baile multitudinario poidan ensaiar os pasos previamente e así conseguir un resultado final moito máis coordinado e vistoso.

Todos os movementos do vídeo son moi sinxelos, incluso para as persoas que non estén acostumadas ao baile, polo que é un evento aberto a todo tipo de persoas. Sobre todo inclúen movementos cos brazos para que sexan máis visibles. A continuación vos deixamos a coreografía para que podades ir ensaiando nas vosas casas antes do día 23 ás 19:00!

(GMT+01:00) Porta do Sol