REVISTA ABRIL

Decenas de contacontos con ‘No Nadal… un conto’

Entre o 21 de decembro e o 4 de xaneiro numerosos contacontos galegos percorrerán diferentes zonas da cidade para traer historias e fantasía a todas as crianzas grazas ao programa ‘No Nadal… un conto’.

Desde a Concellaría de Normalización Lingüística ofertan, como é habitual, numerosas propostas de ocio e aprendizaxe aos nenos e nenas viguesas, neste caso centradas no Nadal. Aproveitando as vacacións na escola, ‘No Nadal… un conto’ chega con tres decenas de actividades espalladas por todo Vigo.

REVISTA ABRIL

Entre os contacontos atopamos grandes nomes do panorama galego, ben coñecidos por aquí, como Cé Orquestra Pantasma, Raquel Queizás, Miguel Ángel Alonso Diz, Bea Campos, Mailúa e Noite, Ana Facchini, Xandobela, As Maimiñas, Luis Prego, Polo Correo do Vento, Pablo Díaz e Contofadas.

Os lugares que visitarán tamén serán moi numerosos: o Verbum, A Laxe, os Mercados do Calvario e Teis, as AVV da Praza da Miñoca e Novo Vigo, a Casa da Xuventude, a sede da ACECA no Calvario, San Xosé Obreiro e a sede de APAMP en Navia.

Todas as actividades son de balde e con acceso libre, agás no Verbum que cómpre invitación, que se recollerá desde tres días antes do evento no Servizo de Normalización Lingüística, do Concello.

(GMT+01:00) Museo Verbum


(GMT+01:00) CC A Laxe


(GMT+01:00) Mercado do Calvario


(GMT+01:00) AV Praza da Miñoca


(GMT+01:00) Museo Verbum


(GMT+01:00) Casa da Xuventude


(GMT+01:00) Sede ACECA (O Calvario)


(GMT+01:00) San Xosé Obreiro


(GMT+01:00) AVV Novo Vigo


(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello


(GMT+01:00) Mercado de Teis


(GMT+01:00) San Xosé Obreiro


(GMT+01:00) APAMP


(GMT+01:00) Sede ACECA (O Calvario)


(GMT+01:00) CC A Laxe


(GMT+01:00) Museo Verbum


(GMT+01:00) CC A Laxe


(GMT+01:00) AVV Novo Vigo


(GMT+01:00) Museo Verbum


(GMT+01:00) Mercado de Teis


(GMT+01:00) APAMP


(GMT+01:00) Casa da Xuventude


(GMT+01:00) Sede ACECA (O Calvario)


(GMT+01:00) CC A Laxe


(GMT+01:00) CC A Laxe


(GMT+01:00) Casa da Xuventude


(GMT+01:00) San Xosé Obreiro


(GMT+01:00) APAMP


(GMT+01:00)


(GMT+01:00) Museo Verbum