Augusta

Todas as actividades do Magosto vigués

Como cada novembro, Vigo énchese de castañas asadas, actividades e xuntanzas para celebrar o Magosto, unha festividade de orixe celta de gran calado na nosa cultura.

As castañas asadas son o alimento máis típico do Magosto

Unha das mellores cousas da chegada do outono é a chegada das castañas asadas, co seu característico cheiro e sabor. Por iso, esta fin de semana e a seguinte haberá diferentes xuntazas ao longo da xeografía viguesa con fin de celebrar o Magosto, unha das festas máis arraigadas na cultura galega.

Nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martiño) ou en datas próximas, adóitase celebrar esta festa onde non faltan as castañas asadas no lume, o viño novo e os chourizos.  É común pintar a cara coa cinza das fogueiras ou saltar o seu lume,  así como realizar diferentes xogos tradicionais, contar contos e cantar cancións populares.

FCC2023

O venres 9 de novembro haberá magosto en Lavadores e o sábado 10 en diferentes barrios da cidade como Valadares, Candeán, Beade, Cabral, Carregal, Coruxo e o Berbés. Todos terán en común unha morea de castañas asadas, música e moi bo ambiente. Os choripáns e o viño seguro que non van faltar tampouco. Para a próxima semana teremos magostos no Colexio Mosteiro e na Praza da Industria o venres 16 e no Val do Fragoso, no Mercado de Teis e en Cabral o sábado 17.

Pero non só de comida vai o Magosto, xa que desde a Concellería de Normalización Lingüística propoñen unha serie de actividades para nenos e nenas sobre o Samaín e o Magosto, mediante contacontos con Raquel Queizás, Miguel Ángel Diz, Contofadas e Mailúa.

Se ves que se nos esqueceu algunha data deste magosto, fáinolo saber a través de eventos@amovida.gal 

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

Missing Event Data

X