REVISTA ABRIL

O mellor barista nacional organiza este sábado o Café Solidario

Durante a tarde do sábado terá lugar na Praza da Princesa o Café Solidario, unha iniciativa levada a cabo polo barista vigués Marcos González, na que se pretende recoller alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos a cambio de café e chocolate quente.

Chega por cuarto ano consecutivo o Café Solidario, unha proposta que nace na Cafetería Belén de Vigo,  negocio familiar de Marcos González, Barista Campión de España en 2018. O que empezou como unha idea un tanto improvisada é agora, catro anos despois, unha campaña consolidada e ambiciosa que busca superar as dúas toneladas de alimentos recollidos do ano pasado.

REVISTA ABRIL

Este Café Solidario, patrocinado por Delikia, ofrecerá auténtico café de Finca las Morenitas e chocolate quente a cambio de alimentos. Recoméndase levar os produtos nunhas bolsas verdes reutilizables fabricadas para o acto, que se repartirán en diferentes puntos da cidade. Este evento terá lugar baixo unha carpa transparente na Praza da Princesa este sábado das 16:00 ás 21:00. Mais non só de café vai a cousa.

O evento busca converterse nun acto familiar ao que acudan tanto maiores como crianzas. Haberá música en directo por parte de bandas locais, talleres de pintura para a cara e de impresión en fundas para móbiles, este último gracias á colaboración do Colexio Hogar (La Cocina Gráfica). Neste evento tamén colaborarán os rapaces e rapazas de Down Vigo, axudando a servir os cafés e participando na batalla de lateado que haberá ás 19:00. Esta competición reunirá a 10 baristas galegos profesionais para competir entre eles ao máis puro estilo das batallas de galos do rap.

Ás 21:00 da noite rematará este ambicioso evento solidario que medra a pasos axigantados. En só catro anos pasou do seu negocio familiar ao centro da cidade, recolectando dúas toneladas de alimentos para o Banco de Alimentos de Vigo. Na páxina de Facebook de Delikia poderedes ver o vídeo promocional deste ano no que se explica a utilización das bolsas verdes para a entrega dos alimentos.

(GMT+01:00) Praza da Princesa