REVISTA ABRIL

Todas as actividades da Noite Branca

A Noite Branca é a escusa perfecta para visitar algún dos museos da nosa cidade, porque se xa son interesantes de por si, nesta xornada énchense de música, danza e actividades diversas que os fan aínda máis atractivos. Ademais de todas as actividades que abaixo se detallan, os museos estenden a súa apertura ata ás 2 da madrugada e ofrecen visitas guiadas ás exposicións. Compre reserva previa para as visitas guiadas ao Museo Quiñones de León, os xacementos arqueolóxicos do Castro, ao acuario do Museo do Mar e ao Salinae-centro arqueolóxico do Areal. As reservas realizaranse entre o 5 e 8 de agosto, de 08:00 a 20:00 h no 010 (desde Vigo) e 986 810 260 para os de fóra de Vigo e dende móbiles. Máximo de 4 persoas en cada petición. Nesta ligazón podedes consultar o díptico con información sobre as expocións e as actividades.

[add_eventon_el event_type_2=”19229″ number_of_months=”1″ sep_month=”no” ux_val=”4″ hide_empty_months=”no” tiles=”yes” tile_bg=”1″ tile_style=”1″ tile_count=”3″ ]