CAMELIAS MASCOTAS

Taburete e Iván Ferreiro, primeiras confirmacións do Festival TerraCeo

Xa imos coñecendo algúns dos 30 artistas que pasarán polo escenario da terraza do Mar de Vigo. Neste caso, o nigranés Iván Ferreiro e os madrileños Taburete, dous proxectos de diferente traxectoria e estilo pero que a día de hoxe gozan de gran repercusión. Ademais, onte vos preguntabábamos polos vosos artistas desexados para o TerraCeo, e continuación compartiremos uns cantos.

REVISTA NOVEMBRO
Foto do concerto de Carlos Sadness o ano pasado | P. Vázquez

O grupo madrileño Taburete, liderado por Willy Bárcenas, será o encargado de abrir o Festival TerraCeo o 1 de maio. O outro nome coñecido é o nigranés Iván Ferreiro, do que aínda non coñecemos a data do concerto. O TerraCeo foi o gran festival do pasado verán, por onde pasaron artistas nacionais de gran nivel como Love of Lesbian, Viva Suecia, Miss Cafeína, Coque Malla, Kiko Veneno ou Amaral. Este ano están anunciadas 30 actuacións desde maio a setembro, e onte vos preguntamos nas nosas redes cal sería o voso cartel ideal, e nas respostas atopamos de todo.

Curiosamente, Taburete foi un dos grupos máis reclamados, polo que todos os nosos seguidores que os pediron están de noraboa. A partir de aí sucédense numerosos nomes de reputados artistas estatais, como Leiva, Antonio Orozco, Dani Martín, Quique González, Vetusta Morla, Pablo Alborán, Manu Chao, Los Planetas, Víctor Manuel, Rulo y la Contrabanda, Lori Meyers, Estopa, Zahara, Christina Rosenvinge ou Rozalén. Por suposto, C Tangana non podía faltar. Tamén saíu o nome de Extremoduro, que veñen de anunciar a cancelación da súa xira de despedida (que ía pasar por Santiago) a causa das restriccións sanitarias para grandes eventos. Hainos que van a proxectos máis independentes, como La MODA, Hinds, Los Punsetes, Delaporte, Rigoberta Bandini, Fuel Fandango, Alice Wonder, Axolotes Mexicanos, Delafé, Dorian, Carolina Durante, Egon Soda, Las Ginebras, Morgan, Lola Índigo, Yung Beef, Ojete Calor ou Amaia, e quen quere que repitan nomes do ano pasado como Izal, Miss Cafeína, Love of Lesbian ou El Drogas.

Tamén percibimos unha grande aposta por artistas galegos como Guadi Galego, Xabier Díaz, Xoel López, Novedades Carminha, Heredeiros da Crus, Cepeda ou Sés, e mesmo bandas locais, moción que apoiamos con moita forza. Entre estes nomes están os de Stoned At Pompeii, The Soul Jacket, Moon Cresta, Tinta, Pablo Lesuit, Mitic, Dakidarria ou Sen Senra, a última sensación do pop estatal que vén de sacar novo disco. No apartado internacional piden a Nathy Peluso, Camilo, Romeo Santos, Jorge Drexler, e mesmo a Coldplay, alguén seguramente cun optimismo e unha fe fóra da media.