VIALIA
CAMELIAS NADAL

Aphonnic e Los Pontiaks primeiras confirmacións do Festival Picnic Sesións

O Festival Picnic Sesións de Saiáns celebrará a súa segunda edición os días 1 e 2 de setembro. Nesta nova edición volven a apostar pola música local: Aphonnic e Los Pontiaks son as primeiras confirmacións.

CAMELIAS NADAL
Actuación do grupo vigués Aphonnic no Festival Latitudes. | P. Vázquez

Despois do éxito da primeira edición, o festival Picnic Sesións volverá celebrarse este ano o 1 e 2 de setembro en Saiáns. O grupo de metal Aphonic estará despedindo o seu disco La Reina co que xiraron por todo o país e Los Pontiaks porán a bailar ao persoal co seus ritmos Boogie, Rock’n’Roll clásico dos 50, Exotica e Swing.

Para financiar o propio festival a Asociación Lideiras organiza unhas xornadas mensuais na zona verde de Radio Costeira (Baixada á Praia, 83), e alí realizan actividades para a cativada, chocolatadas, xantares, obradoiros deportivos e concertos, un domingo ao mes. Neste mes de maio o evento terá lugar o domingo 14, a programación está composta por un obradoiro de cestería, un espazo de xogo libre con brinquedos tradicionais, unha clase aberta de lindy hop, os concertos de Epoje Tatum e Javier Turnes & The Hakemen e unha picada de discos a cargo de Swing DJs.

Máis aló do musical, Picnic Sesións ofrece actividades para a cativada; gastronomía galega ao puro estilo romaría, nada de comida rápida; e un certame de pintura rápida ao aire libre con nome dun importante artista local. O seu lema é “Natureza, cultura e comunidade”.