Que facer en Vigo a última semana de 2022
Adiantámonos á fin de semana e recompilamos 10 plans para estes últimos días de 2022. Podedes ampliar a información de cada evento premendo no título e na axenda de eventos de A Movida encontraredes moitos máis opcións.
Charla con Santi Araujo – Xoves 29 ás 18h en Panda Bohème – De balde
O músico contará o que significa o caderno de Traveler’s Notebook para el, xa que non hai concerto ao que non o leve. Incluso pode que ensine as súas creacións.
VIII Festival Pequeártiko – 29, 30 e 31 de decembro na Sala Ártika – Desde 8€
Mi amigo el dragón, Quixote e Os tres porquiños son as 3 obras que se representan estes últimos días no festival infantil de teatro e títeres Pequeártiko. Este ano celebrou a súa 8ª edición.
Presentación O Lume – Xoves 29 ás 18.30h en Banda Deseñada – De balde
David Rubín, un dos autores do momento, virá prender lume a Vigo coa presentación do seu derradeiro libro ‘O Lume’.
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade ante o inevitable desastre.
Xira Xirarei – 29 e 30 de decembro en La Fábrica de Chocolate – 13€
Tony Lomba e Elio dos Santos celebran o seu tradicional concerto de Nadal. O título do concerto deste ano, Xira Xirarei, fai referencia á canción inédita que estrearán para tal ocasión, algo que tamén é xa tradición. Eladio Santos adianta que a letra parafrasea nalgún momento o Xirarei de Xil Ríos, pero que o ritmo “vai por outro lado completamente distinto”.
Taller Lego Harry Potter – Venres 30 ás 18h en El Corte Inglés – De balde
Se che apaixona o universo Hogwarts e gústanche as construcións, non te perdas o taller de Lego Harry Potter. O obradoiro vai recomendado a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Esfínter – Venres 30 ás 21h no Teatro Afundación – Desde 12€
Tras unha exitosa xira no nadal de 2021, volve ‘Esfinter, o mellor espectáculo para pechar o ano’, de David Amor, Javier Veiga e Rober Bodegas. Un show de monólogos, onde tres dos cómicos con máis carreira do noso país, contarán as aventuras que lles suceden durante os últimos 12 meses.
Trilitrate – Venres 30 ás 21h na Sala Kominsky – 10€
Trilitrate é un proxecto audiovisual nado en 2012, que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia. Actualmente, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco: ‘Está de Grelo’.
Moon Cresta – Venres 30 ás 21.30h en Sinatra Cóctel Bar – 10€
Case 3 anos pasaron xa dende a última vez que Moon Cresta pisa o escenario dunha sala na súa cidade. Moitas gañas de atoparse co seu público no formato máis próximo, cercano e intenso onde o seu lema ‘baile, suor e xúbilo’ acada unha dimensión e intensidade especiais.
Ari Magritte – Sábado 31 ás 12.30h en O Lar das Artes – De balde
Para despedir o ano, O Lar das Artes organiza un concerto en sesión vermú de Ari Magritte, que presenta o seu disco Oráculo. Estará acompañada pola percusionista Flocos.
Carreira San Silvestre – Sábado 31 ás 17h na Porta do Sol – De balde
Vigo recupera unha das carreiras máis divertidas do calendario: a San Silvestre. Na edición de 2022, que como é habitual terá lugar o propio día de fin de ano, os corredores percorrerán 4 km de distancia, nun circuito circular polo dentro da cidade. Anímase a todos os participantes a acudir disfrazados e como sempre haberá premios para os máis orixinais.
Inés García
Últimos posts de Inés García (ver todos)
- Recomendacións para despedir o Nadal coma Reis en Vigo - 4 Xaneiro, 2023
- Que facer en Vigo a última semana de 2022 - 28 Decembro, 2022
- As nosas recomendacións para despedir o ano en Vigo - 27 Decembro, 2022
- Un Nadal cheo de actividades para toda a familia - 23 Decembro, 2022
- Bad Gyal, Jorge Drexler e La M.O.D.A entre as primeiras confirmacións do Festival Portamérica - 20 Decembro, 2022