REVISTA ABRIL

Trilitrate

30dec21:00TrilitrateCONCERTOS | 10,18€21:00(GMT+01:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Música e audiovisuais na Sala Kominsky da man de Trilitrate.

Trilitrate é un proxecto audiovisual que integra a diversidade sonora dun trío acústico unido á videocreación en tempo real dunha artista multimedia.

Fórmase en Vigo no ano 2012 pola violinista Elena Vázquez (Cuarteto DumkaSuelen Estar QuartetPeña), Marcos Padrón ao acordeón (Orquestra O.M.E.GaCuarteto Caramuxo) e por Rubén Abad na guitarra e voz (Cró!Es Un ÁrbolGuerreraPeña). No 2013 incorpórase a videoartista Laura Iturralde e realizan a gravación do seu primeiro disco: ‘Faláchesme na Man’.

Actualmente, e tralo ingreso de Montse Piñeiro (debuxante, escenógrafa, iluminadora e animadora de stop-motion, premio María Casares 2018 á mellor escenografía) como nova xeradora da arte visual, atópanse embarcados na presentación do seu terceiro disco: ‘Está de Grelo’.

Neste novo e apaixonante traballo mergúllanse en timbres tan afastados do mundo acústico como a electrónica ou o black metal, sen abandonar as súas ferramentas analóxicas. Visitan xeografías musicais distantes como a africana ou a otomá, e traspasan a experiencia barroca e impresionista ao século XXI, ousados e inquebrantables na procura de novas sonoridades, acadando fronteiras endexamais atravesadas neste paso de xigante da agrupación.

Venres 30 ás 21:00

Entradas á venda en www.entradium.com

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events