VIALIA
bannerPicnicSesions

A San Silvestre volve as rúas de Vigo

31dec17:00A San Silvestre volve as rúas de VigoACTIVIDADES DEPORTIVAS | De baldeCarreira cancelada pola previsión metereolóxica adversa.17:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

ACTUALIZACIÓN: Carreira cancelada pola previsión metereolóxica adversa.

Despois de dous anos sen poder celebrarse pola pandemia, este ano Vigo recupera unha das carreiras máis divertidas do calendario: a San Silvestre. Na edición de 2022, que como é habitual terá lugar o propio día de fin de ano, os corredores percorrerán 4 km de distancia, nun circuito circular polo dentro da cidade. O pistoletazo de saída terá lugar ás 17 h desde a Porta do Sol. Anímase a todos os participantes a acudir disfrazados e como sempre haberá premios para os máis orixinais.

Como cada ano na San Silvestre levarase a cabo unha acción solidaria en favor do Banco de alimentos. Tódolos participantes entregarán alimentos non perecedeiros no horario de 15:00 a 16:45 horas na carpa habilitada no paseo de Alfonso XII, as mil primeiras persoas en facer a entrega recibirán a cambio un gorro de Papa Noel.

PERCORRIDO: Porta do Sol, Policarpo Sanz, Rosalía de castro, Serafín Avendaño, Areal, Oporto, Marqués de Valladares, Carral, Cánovas del Castillo, Mestre Mateo, Teófilo Llorente, Real, Méndez Núñez, Misericordia e Rúa Elduayen para chegar novamente ao punto de saída.

DATA: 31 decembro 2022 / 17:00 horas

LUGAR: Porta do sol.

DISTANCIA: 4 km aprox ( 1 volta).

PREMIOS: Aos mellores disfraces.

CATEGORÍAS: Nenos-adultos e grupos.

Inscrición GRATUÍTA a través de magmasports.es (non se admitirán o día da proba).

Máis

Hora

(Sábado) 17:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events