Plans coa túa cesta de picnic e un bo Alma Atlántica
Tomar algo na terraza esta moi ben, pero se non queremos caer na rutina, o picnic é unha opción estupenda para crear recordos este verán. Desde Alma Atlántica propoñen que acompañemos as escapadas ao campo ou a praia con algún dos seus viños espumosos: espumoso albariño, espumoso mencía rosé, sangría y sangría rosé, unha liña de viños lixeiros, con pouca gradación alcólica e burbullas procedentes da fermentación natural das uvas, perfectos para maridar con plans estivais a pé de mar.
O picnic é un plan versátil, válido desde a hora do vermú ata o atardecer, do que podemos desfrutar con amigos, familia ou parella e é dogfriendly! polo que non hai excusas para non montarnos o plan de moda do verán antes de que se nos acaben os días de calor. Organizar un picnic dos que permanecen na memoria require pouco máis que unha botella de viño Alma Atlántica fresquiña, pero aquí van algúns consellos para redondear a experiencia:
Escolle unha boa localización
A privilexiada localización de Vigo cara a Ría ponnos fácil elixir un sitio con vistas, e se alcanzamos a ver o por do sol mellor que mellor. As praias no verán están demasiado concurridas, pero hai localizacións nas que teremos as mesmas vistas e máis tranquilidade. Algunhas ideas son as calas do monte da Guía, entre o porto deportivo e a praia da Punta; o meredeiro de San Miguel de Oia, coa súa espectacular panorámica coas Cíes de fronte; a ladeira do Castro, para unha localización campestre pero céntrica; e os montes do Cepudo e o Vixiador, con espectaculares vistas sobre a cidade e o mar.
Levar algo de comer
Sexa planificado ou improvisado, non hai picnic sen comida. As regras son poucas pero é imporatnte seguilas ao pé da letra. Nada de alimentos que precisen frío, como maionesas ou outras preparacións con ovo cru e tampouco son recomendables os peixes crus, como tartares ou sushi nin as preparacións con moita salsa, que dificultarán picar con comodidade. A partir de ahí as opcións son infinitas: tortilla ben feita, empanadillas, unhas boas latas de mexillóns ou berberechos, colines ou pauciños de cenoura para mollar en hummus ou guacamole, espetos de polo, táboa de queixos… O máis habitual é que cada parcitipante leve algo, ben feito na casa, ben comprado.
O máis importante: o viño Alma Atlántica
Espumoso albariño, espumoso mencía rosé, sangría e sangría rosé. As catro opcións farán do noso picnic unha experiencia fresca, coa chispa das ondas quebaten na praia. Todos están elaborados con variedades de uva galega, son frescos, divertidos e con burbullas e contan con baixa gradación alcólica , cun só 7 %. Para catalos en todo o seu esplendor cómpre non esquecer unha neveira portátil ou bolsa isotérmica que manteña o viño por debaixo dos 10 graos de temperatura. Tampouco debemos esquecer as copas!
Se queres algo máis de inspiración sobre vivir o verán con Alma Atlántica, non perdas o spot que acaban de lanzar e para o que as artistas Guadi Galego e Paula Grande compuxeron o tema O que ha de chegar.
Contido patrocinado
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024