REVISTA ABRIL

Ardentia, xoias con alma atlántica

A man do artesán tras a marca Ardentia é a de Luis González, un xoieiro que leva desde os dezaseis anos desempeñando o seu oficio e que, tras moitas horas e sacrificio, obtivo a carta de artesán no ano 1994 e a de taller artesán no 1996. O nome Ardentia vén da palabra «ardentía», esa luz fosforescente, tan espectacular e única que aparece en momentos moi concretos do día no mar.

Foi no ano 2012 cando Ardentia se incorporou aos talleres de xoiería de Galicia, amparados pola marca Galicia Calidade, certificando así a calidade única das súas xoias e unha orixe cento por cento galega, tanto en deseño como en realización. Un made in Galicia polos catro custados!

No seu obradoiro de Bergondo, Luis rodeouse dun equipo de profesionais para levar a cabo o deseño e a realización de moitas e variadas coleccións Ardentia. Todas elas teñen denominadores comúns: como a prata de Lei 925 branca, con esmalte ao lume ou con galvanizado en varias tonalidades —chegando mesmo a experimentar co chapado en ouro— e, sobre todo, o marcado carácter atlántico que fai de cada peza un pedazo das nosas costas. Os valores da marca seguen intactos trinta e dous anos despois: formación, innovación, calidade, esencia atlántica e garantía. Todo isto unido a unha atención ao cliente personalizada que vén dada a pé de tenda na rúa de Policarpo Sanz, 22 grazas ao bo carácter de Sole, coñecedora da historia de Ardentia e encargada de que leves a casa a xoia dos teus soños.

Como sabemos que unha xoia é un regalo eterno, este Nadal propoñemos como agasallo especial o colgante Oslo (88,00 €), un colgante de dobre peza, en prata de lei 925, con acabado galvanizado marrón chocolate e chapado en ouro e montado en cordón de 42 cm fabricado con varios fíos de aceiro dourado. Este colgante conta a historia dos fiordos de Noruega inspirándose no outeiro dos Deuses. Un amuleto que levar sempre contigo para que este ano que entra sexa mellor que o anterior!

Se prefieres unha viaxe a París, non dubides en mercar os pendentes de presión en plata de lei 925 da colección C’est la vie (61,00 €), os favoritos de quen prefira uns pendentes longos pulidos a man.

Se non queres saír da nosa terra pero encántache viaxar a moitos lugares… o teu modelo é a pulseira Fento (34,00 €)! O seu deseño orgánico e a súa elegancia, xunto coa calidade que acompaña a cada xoia de Ardentia, farán deste abelorio o agasallo ideal para os compromisos que todos teremos durante as próximas semanas…

Ardentia tamén ten opcións para que fagamos aínda máis fermosas as nosas mans. Unha das máis destacadas é o anel Hexagonal (83,00 €) con perla. Un anel realizado en prata de Lei 925, cun acabado en ouro e unha perla de cultivo en auga doce. Unha forma contemporánea para materiais milenarios. Cun leve recordo á textura dunha folla na súa superficie e o contraste do branco da perla, este anel é para aquela muller sutil que non deixa ao azar transmitir o seu carácter á xoiería que a adorna.

Na nosa cultura celta, a espiral é símbolo de eterno comezo, do paso do tempo, polo que o colgante da colección Petra (94,00 €) pode ser un agasallo ideal para demostrar amizade ou amor. Este orixinal colgante está realizado en prata de lei 925, montado nun cordón duns 42 cm e delicadamente oculto na xoia. Elegancia e sofisticación para adornar o pescozo.

Un acerto seguro. Se prefires outro tipo de abelorios, visita a súa web www.ardentia.es para coñecer todos os seus produtos. Seguro que das coa túa peza de xoiería ideal!

Web: www.ardentia.es

REVISTA ABRIL

Facebook: @Ardentiaxoiajeweljoya

Instagram: @ardentia_xoiajeweljoya

Dirección: Policarpo Sanz, 22, 36202 Vigo | Ofeitoamán na Alameda (ata o 15 de xaneiro)

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.