CAMELIAS MASCOTAS

Mans á obra

Remata o verán e volve a rutina. Malia que isto non resulte moi alentador, existen moitas opcións para levar este día a día dun modo máis ameno. Cursos e obradoiros ofrécennos posibilidades de botar algunhas tardes aprendendo, divertíndonos e desenvolvendo esa creatividade que, máis ou menos, albergamos dentro do noso ser. Haberá quen pense que este tipo de pasatempos son propios de outrora, daqueles anos de actividades extraescolares, pero despois de ver as seguintes propostas, seguro que hai quen cambia de parecer, pois nunca é tarde para aprender.

Alga: formación 360º no centro de Vigo

Nun agradable local do centro da cidade, atopamos un espazo que se dedica integramente á formación en diferentes disciplinas, tanto escolar para a rapazada como artística para o resto de[...]

La Cafetera Creativa, creando con barro e vidro desde Navia Vello

No corazón do barrio vello de Navia, coa banda sonora dos paxariños da alameda, pasar as tardes dándolle ao torno, fundindo cristais e arranxando mobles antigos resulta moi apetecible. Inés[...]

Gyngo Mandarino, aprendendo na natureza

Lonxe do ruído dos coches, a uns vinte minutos de Vigo, demos con Gyngo Mandarino, unha fermosa propiedade familiar dirixida por Mónica Martínez. Entre as árbores que lle dan nome[...]

En Caja y Papel, a papelería como nunca antes a viras

As Galerías El Castañal conectan a Gran Vía coa Hispanidade. En Caja y Papel é un paraíso de papelería que se enmarca neste treito. A maiores da tenda e dos[...]

Bamboo Art Studio, un novo espazo de ilustración e deseño en Vigo

Nun local que no pasado foi tenda de gominolas e despois se vendía roupa agora atopamos Bamboo, un estudio de arte e coworking rexentado por Miguel Ángel Rodríguez, coñecido no[...]

Aprende fotografía a conciencia en Zona 5 EdAF

Cunha experiencia de tres décadas detrás da cámara, o arxentino Tony Vacas decidiu montar en 2013 unha escola de fotografía en Vigo, pois baixo o seu punto de vista non[...]
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.