VIALIA
CAMELIAS NADAL

Victoria García: «É necesario que os pequerrechos nos vexan con libros nas mans”

A Pontevedresa afincada no Morrazo, Victoria García é xornalista e mestra de Primaria, actualmente dedícase á docencia na escola pública galega e comezou a escribir contos para introducilos nas súas clases. Moitos destes libros están inspirados nas experiencias e anécdotas que vive a diario na escola. Despois do éxito de ‘As formiguiñas filandeiras’, sorpréndenos agora co libro ‘Un segredo entre as nubes’, no que atopamos unha aventura de segredos cómplices coas persoas lectoras. Que haberá entre as súas páxinas? Descubrímolo canda a autora.

Si, levo máis de un ano no Club de escritura da Fundación Euseino? e a experiencia está sendo moi enriquecedora realmente. Xosé Monteagudo é quen dirixe o club e quen nos guía cos nosos proxectos. Unha vez por mes reunímonos na fundación para comentar os textos de todas as compañeiras e compañeiros. Hai proxectos moi interesantes que teño moitas ganas de ver publicados porque para min son como sobriños aos que vou vendo medrar e madurar mes a mes. Ademais, o club permitiume coñecer a persoas ás que admiro e que me aportan moito. Para min é moi inspirador e moi motivador aprender de todos eles, recomendaría a experiencia sen dubidalo.

É moi distinto escribir textos literarios e xornalísticos. Tamén cambia moito o contexto: non é o mesmo estar na casa tranquila e en silencio que nunha redacción cando falta unha hora do peche da edición. Penso que o que me queda dos meus anos de xornalista é a busca da precisión na narración (sobre todo a nivel lingüístico) e un pouco menos de medo á folla en branco, algo que agradezo moito.

CAMELIAS NADAL

Agora mesmo teño algúns proxectos case rematados e outros a medio empezar, pero non sei cal deles podería ser o seguinte en ver a luz.

Tensi Gesteira (@lecturafilia)
Crítica literaria

Sección patrocinada por Deleite