REVISTA ABRIL

Gyngo Mandarino, aprendendo na natureza

Lonxe do ruído dos coches, a uns vinte minutos de Vigo, demos con Gyngo Mandarino, unha fermosa propiedade familiar dirixida por Mónica Martínez. Entre as árbores que lle dan nome está a entrada ao galiñeiro, un espazo rehabilitado e repleto de mobiliario clásico onde se realizan os obradoiros.

Na tranquila parroquia de Chenlo, tras un portalón verde, atopamos a finca familiar na que teñen lugar os obradoiros de Gyngo Mandarino. Mónica Martínez, a responsable deste proxecto artístico e vital, fainos unha visita guiada por toda a propiedade, repleta de natureza e todo tipo de detalles cargados de historia. Entramos ao galiñeiro, unha construcción outrora case ruinosa que actualmente se atopa totalmente rehabilitada, decorada con mobles antigos restaurados e moi bo ollo. Nunha das mesas descansan vinilos de Bob Dylan, Patti Smith ou The Beatles que pertenceran á súa tía, unha das persoas que máis inspirou Gyngo Mandarino.

REVISTA ABRIL

Todas as actividades que se programan desde hai máis dun ano deben encaixar coa filosofía do lugar: creatividade, ecoloxía, recuperación e reutilización de materiais, respecto pola contorna… Así, nesta construción diáfana de grandes xanelas danse desde hai un ano talleres diversos: acuarela, cerámica, cianotipia (sistema de impresión con negativos fotográficos), cociña vexetariana, confección de quimonos, lettering, macramé, ou moda. Para esta nova tempada se preparan xornadas de mindfullness (sábado 18), estampación vexetal, ioga ou realización de centros florais (sábado 25), que son os primeiros de todos os cursos que están por vir ao longo deste ano académico. Premendo aquí poderás estar ao tanto de todos os cursos que vaian saíndo e reservar a túa praza.

Os cursos tender a ser dunhas catro horas, aínda que tamén hainos que comezan pola mañá e continúan de tarde, facendo unha pequena para para comer no xardín a modo de picnic. Ata o momento todas as actividades foron impartidas por mulleres: Andrea Área, Clara Cerviño, Peixe Nero, Patri Medio Limón ou Nai son algunhas destas artistas. “Interésanos que sexan talleres que teñan que ver coa ecoloxía e co desfrute na natureza, que máis que unha aprendizaxe sexa unha experiencia nun entorno único”, comenta Martínez. Tampouco pecha a porta a ofrecer packs para grupos privados que inclúan pasar o día no xardín, máis aínda non é algo seguro. O que si é seguro é que ao longo do ano irán anunciando nas súas redes os diferentes talleres, unha oportunidade de aprender e desfrutar na natureza.

Gyngo Mandarino | Chenlo (O Porriño) | sopadeletras.es/gyngo-mandarino | gyngomandarino@gmail.com | 690602073 | FB: Gyngo Mandarino | IG: @gyngomandarino

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.