Koa Poke, o prato hawaiano saudable
Fresco, saudable e personalizable. Os pokés teñen moitos ingredientes para ser o próximo sushi, unha comida exótica que nos invadiu como unha onda e pensamos que sería unha moda pasaxeira, pero conquistounos de tal modo que segue entre nós unha década máis tarde. Koa Poké foi o primeiro restaurante de Vigo centrado na preparación deste prato hawaiano que encabeza o podio da fast food saudable e é perfecto para levar a domicilio.
Máis que un prato en concreto, o poké é un formato: un recipiente fondo no que se combinan un hidrato, tradicionalmente arroz, unha proteína, na que o rei é o peixe crú, e un amplo abano de convidados vexetais que aportan frescura, un punto crocante ou unha nota aceda, como o aguacate, as algas, o mango e o sésamo. Naceu como un aperitivo nas illas de Hawai, algo que se preparaba rápido e sen complicacións e que pouco a pouco foi integrando elementos da cociña asiática, como a salsa de soia e o vinagre no marinado do peixe.
Ana Quintela foi a pioneira do Poké en Vigo en 2019 cando abriu Koa Poke na rúa Oporto, 30. Conta que a idea xurdiu “mirando ao mar”, camiñando pola praia xunto ao seu socio decidiron traer a Vigo este concepto que xa tiña éxito noutras cidades españolas e de medio mundo e do que eles desfrutaban. Para Ana, o maior atractivo dos Pokes está en que son un prato san, rápido e económico, perfecto para o día a día. Desde o primeiro momento, a novidade tivo moi boa acollida “polo seu atractivo visual e o crecente interese da poboación por coidar a súa alimentación”. Por ese mesmo motivo está segura de que os Pokes chegaron para quedar entre nós.
Ademais de peixe cru, salmón e atún principalmente, en Koa atopamos outros ingredientes principais, como o polbo e os langostinos cociñados, o polo ou os preparados de proteínas vexetais. Ademais, podemos acompañalos de gyozas (empanadillas xaponesas cociñadas ao vapor), hummus de remolacha, edamamme (vainas de soia) ao vapor, ou unha salada de alga wakame.
Koa Poké a domicilio
Todos o pratos de Koa Poké entréganse en envanses reciclables e libres de plásticos, os mesmos que se empregan no seu restaurante. Isto faino un prato especialmente axeitado para o reparto a domicilio, xa que non atoparemos ningunha diferenza no produto.
Os pedidos fanse a través das plataformas Just Eat, Uber Eats e a súa propia web, onde tamén teñen dispoñible toda a carta.
Horario:
Domingo a xoves: 13:00 a16:30 e 20:00 a 23:30
Viernes e sábado: 13:00 a 16:30 e 20:30 a 00:00
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024
- Sukha Funk evoluciona: máis vegano e a domicilio - 18 Novembro, 2024