REVISTA ABRIL

Imaxínate, renda solta á creatividade

O xogo é de vital importancia nos primeiros anos. Ademáis de divertirnos e entreternos,  facilita a aprendizaxe e fomenta a creatividade dos máis cativos, algo que teñen moi en conta en Imaxínate. Esta tenda de regalos infantís sorprende pola inmensa variedade de xoguetes e accesorios dos que dispón. Alí  podes atopar calquera personaxe que precises xa que son establecemento de marcas oficiáis e recoñecidas. Os xa míticos Lego ou Playmobil, Disney, Avengers…ou marcas máis actuais como Djeco ou Little Dutch.

Xoguetes de primeira infancia, infantís e xuvenís teñen cabida no amplo catálogo do local. Mesmo disfraces, un dos pasatempos preferidos dos máis cativos. Xogar a disfrazarse activa a súa imaxinación. A través destes traxes especiais exploran a súa personalidade e crean mundos e situacións, as veces imaxinarias, as veces reais, que fomentan as habilidades sociais. Converterse en pirata, superhéroe, princesa… sempre e un bo plan!

Se aínda andas na procura dun detalle para os máis pequerrechos da casa, en Imaxínate atoparás o máis variado escaparate de agasallos da cidade. Estes son algúns dos que nos recomendan:

O SumBlox (89.99€) é un xogo de construcción de madeira de faia maciza. O seu especial deseño fai que os nenos e nenas xoguen cos números e aprendan os conceptos básicos das matemáticas sen darse conta.

Outro dos xogos que nunca pasa de moda é o Xogo da Oca (29,10€). Este con un espectacular taboleiro coas figuras de madeira con forma de ocas. Está recomendado a partir dos 3 anos.

Para os máis cativos da casa, de arredor dos 18 meses, que comenzan a exploralo todo, teñen este cubo de actividades de Little Dutch (44,75€). Fabricado en madeira con medidas 20x20x40 cm.

Seguindo na liña dos máis cativos podemos facernos co peluche de coello de Jelly Cat (29,90). Un boneco moi cariñoso para repartir apertas e alegría. A súas medidas son 31×7 cms.

A caixa de música Djeco con forma de corazón (28.80€) sempre é un regalo acertado para a rapazada máis coqueta da casa. Para vestirse escoitando o dulce son das melodías.

Web: juguetesydisfraces.es

REVISTA ABRIL

Facebook: @imaxinate

Instagram: @imaxinate

Dirección: Rúa Padre Don Rúa, 13, 36203 Vigo, Pontevedra

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.