Vigocultura: 'ENTRECAJAS'
Detalles do eventos
Ficha técnica e artística Intérpretes: Xabier Artieda · Aritz Bengoa – Xabier Flamarique Iluminación en xira: Asier Calahorro (Kandela
Detalles do eventos
Ficha técnica e artística
Intérpretes: Xabier Artieda · Aritz Bengoa – Xabier Flamarique
Iluminación en xira: Asier Calahorro (Kandela Iluminación)
Deseño de Escenografía: Teatro Paraíso e Asier Calahorro
Vestiario e Atrezo: Ana Fdez. Alonso – Pilar López
Deseño de Iluminación: Javier García (Kandela Iluminación)
Dramaturxia: Rosa A. García
Dirección: Tomás Fdez. Alonso
Sinopse:
Entrecajas é un espectáculo que suxire que o mundo é unha gran caixa na que vivir grandes aventuras, como a escena o foi para Teatro Paraíso durante os seus 45 anos de traxectoria. Este espectáculo convídanos a gozar do xogo, a superar as dificultades en compañía e a imaxinar que xunto a outros seres humanos é posible alcanzar calquera soño.
Unha historia chea de humor, na que dous amigos que viven nunhas caixas imaxinan viaxes a lugares soñadores, coa súa sorprendente creatividade. A súa vida transcorre entre o xogo, a convivencia, as pelexas cotiás e as reconciliacións.
Bartolomeus e Comiño viven felices de contar o un co outro até o día en que aparece un terceiro personaxe que porá a proba a forza da súa amizade roubándolles as súas caixas.
Xuntos atopan o camiño de regreso ao lugar no que un día foron felices ao descubrir que lles quedou o máis valioso: a súa amizade e a súa capacidade de imaxinar.
Un clásico do teatro familiar na dramaturxia europea contemporánea que foi tamén unha metáfora do proxecto artístico de TEATRO PARAÍSO.
Premio FETEN 2024 ao mellor espectáculo de “clown”.
Xénero: familiar “clown”
Idade recomendada: a partir de 4 anos
Idioma: castelán
Duración: 60 minutos
Máis
Hora
6 outubro, 2024 18:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes