CAMELIAS MASCOTAS

Granxeiro último modelo

Ao longo da nosa existencia, os seres humanos vivimos vencellados aos animais de diferentes modos. Son fonte de sustento, de calor, de compaña, de coñecemento e de simbiose. No entanto, hai unha característica no xeito en que a maior parte das persoas vivimos en occidente que retumba co anterior: vemos os animais, principalmente, como produtos envasados. Así estamos perdendo o contacto estreito coa fauna, cheo de riqueza cognitiva e emocional. Por desgraza, deste xeito tamén perdemos unha lección intrínseca: o respecto profundo pola natureza e a vida salvaxe, por que as persoas temos de todo iso.

REVISTA NOVEMBRO

Non todo está perdido para as crianzas das cidades. El hórreo, a granxa-escola de Antón veu ao mundo o pasado mes de maio, partindo da certeza que o emprendedor tiña sobre a importancia de espazos compartidos coa fauna. No entanto, a que máis sabe de sensibilidade e de emocións é a Lucera, a burra da granxa, que é un bálsamo de paz e amor para quen queira compartir o mundo con ela. No ollar dese animal hai un mundo. Con ela conviven libremente nesta leira de máis de 7.000 m2 avestruces, emús, gansos, ovellas, patos e pavos reais. O éxito do proxecto reflíctese nos sorrisos da rapazada, con algúns choros de pena á saída. Como di o granxeiro, estas persoíñas perciben de xeito espontáneo a conexión cos animais.

A granxa está sempre aberta para visitas familiares, en grupos e para escolas, e ten unha programación moi variada con obradoiros de cosmética natural, sábados en familia e xincanas, así como actividades temáticas en datas sinaladas, como pode ser o remate deste mes co Samaín. O programa estrela é «Aprendiz de granxeir@», que inclúe multitude de actividades para a infancia ao longo e largo da granxa, en contacto directo coas nobres bestas.

granjaelhorreo.com
698 90 08 87
@el.horreo

The following two tabs change content below.

Maruxa Gesto

Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)