VIALIA
bannerPicnicSesions

Sorteamos ‘O último barco’ de Domingo Villar

A Movida quere agradecer a fidelidade a tódolos suscriptores do servizo de WhatsApp co sorteo dun exemplar do novo traballo de Domingo Villar, O último barco, que sae á venda hoxe, 6 de marzo. 

Para participar no sorteo só tes que ser suscriptor de A Movida en WhatApp e estarás informado da axenda cultural de Vigo a través dun máximo de 3 mensaxes ao día. Se aínda non o es, podes darte de alta neste enlace.

prazo para participar no sorteo é ata o venres 8 de marzo ás 12 da noite, o sábado 9 coñeceremos o gañador do sorteo.

Sobre O último barco de Domingo Villar

O 6 de marzo chega ás librarías O último barco unha nova entrega do inspector Leo Caldas que se publicará simultáneamente en galego e castelán.

A filla do doutor Andrade vive nuna casa pintada de azul, nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co balbordo da outra beira. Alí, as mariscadoras traballan na area, os mariñeiros guindan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.

Unha mañá de outono, mentres a costa galega se recupera dos estragos dun temporal, o inspector Caldas recibe a visita dun home alarmado pola ausencia da súa filla, que non se presentou a unha comida familiar na fin de semana nin acudiu o luns a impartir a súa clase de cerámica na Escola de Artes e Oficios.

E aínda que nada pareza ter alterado a casa nin a vida de Mónica Andrade, Leo Caldas axiña comprobará que, na vida coma no mar, a máis apracible das superficies pode agochar un fondo escuro de devastadoras correntes.

Domingo Villar (Vigo, 1971) regresa cunha novela negra ambientada na ría de Vigo, unha nova entrega da serie que inaugurou en 2006 da man de Galaxia con Ollos de auga e que está protagonizada polo inesquecible inspector Leo Caldas. Dende o segundo volume desta saga, A praia dos afogados, publicada en 2009, van case dez anos nos que Villar foi alimentando un fiel lectorado que se conta por milleiros. Mais tamén houbo tempo nesta década para ver a súa obra traducida a máis de 15 idiomas, adaptada ao cine (2015) e recibindo recoñecemento internacional no Reino Unido (finalista dos Crime Thriller Awards e do Dagger International), Francia (Premio Le Point du Polar Européen) ou Suecia, onde recibiu o premio da Academia Sueca de Novela Negra.

O CONCURSO

Como participar:

Para poder participar no concurso é preciso:

REVISTA ABRIL
  • Ser suscriptor do servizo de WhatsApp de A Movida
  • O prazo para participar no concurso estará aberto ata o venres 8 de marzo ás 12 da noite.
  • Poderán participar todas aquelas persoas físicas maiores de 18 anos. Cada persoa só poderá participar unha vez e eliminaranse perfís fraudulentos ou falsos

Gañador/a:
O gañador ou gañadora será elixido mediante sorteo aleatorio. Poñerémonos en contacto con el mediante o seu correo electrónico; se nun prazo de 48 horas non contestaran procederíamos a facer un novo sorteo.

O premio:
Sortease un exemplar de O último barco de Domingo Villar. A organización resérvase o dereito de mudar o carácter ou cuantía do premio en caso de que a empresa patrocinadora do evento así o requirise. Da mesma maneira, resérvase o dereito de mudar, suspender ou cancelar o concurso en base a necesidades da mesma e de conformidade con estas bases.

Aceptación das bases:
A participación no concurso implica a aceptación destas bases.