Escapada castrexa

Os castros son uns dos elementos patrimoniais máis característicos da nosa terra e un dos emblemas máis antigos da nosa historia. Nestes poboados fortificados refuxiábanse os antigos habitantes do que se deu en chamar Galicia, en casas circulares dunha soa habitación. Acostumaban a estar emprazados en lugares estratéxicos, preferiblemente altos e decote pouco accesibles, malos de atacar e bos de defender.
Estas son algunhas das cousas que lles podemos contar aos pequerrechos sobre a nosa cultura de vello cando visitemos os Castros de Santa Trega, aquí preto, no concello da Guarda. A pé ou en coche, seguro que lles xorden un feixe de preguntas máis sobre estas singulares vilas. Xusto na entrada, hai unha réplica destas antigas construcións con vestíbulo, forno… Ademais podemos camiñar polo asentamento, percorrer rúas que diferenciaban barrios ou ver as canles que levaban auga da chuvia para almacenar. Será como vivir unha aventura de exploradores! Xusto na cima do monte, hai unha cafetería para repoñer folgos e podemos visitar o Museo do Castro, do que sairemos un pouco máis sabedeiros dos nosos antergos. A historia é moito máis divertida cando se conta in situ.
Monte de Santa Trega (A Guarda) | Das 10.00 h á 20.00 h aprox. | 1,00 €
Lourdes Tomé
Redactora
Podes ler máis en…
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023