VIALIA
CAMELIAS NADAL

Sendeiro Local de Zamáns: Círculo maquieiro

Presentamos un sendeiro de dificultade baixa, apto para percorrer en familia. Rodea o encoro de Zamáns e percorre un quinteto de muíños restaurados, facendo unha distancia duns 3 quilómetros. 

A ruta arranca no parque forestal de Zamáns, decorrendo a marxe dereita do río Vilaza. Neste primeiro tramo de carreiros empedrados xa encontramos os primeiros muíños, que coas canles, pequenas fervenzas e correntes de auga, cousa que dá moito xogo se imos cos nosos pequerrechos. Atravesada a primeira zona, damos cunha ponte de madeira moi xebre, preámbulo da parte máis aventureira desta senda: unha maraña de troncos, ramas, musgo e fentos por onde case non penetran as raiolas… parece un mundo de meiguería! Atravesada a fraga máxica, chegamos á beira do encoro, que deberemos ir rodeando ata chegar á presa. Despois o camiño vira á esquerda polo interior ata chegar ao punto de partida. 

CAMELIAS NADAL

Si, trátase dun percorrido circular, non hai perda! Para quen quede con ganas de máis, podemos abeirar o río despois da presa, uns cen metros para visitar o fermoso Muíño das Maquías. Este tramo é unha preciosidade, pero cómpre percorrelo con cautela se imos acompañados de rapaces moi cativiños. Tamén podemos acceder en coche, pola estrada PO-331 en dirección ao Porriño, pouco despois do km 11 ao pasar baixo unha ponte da autoestrada; trinta metros despois temos o pequeno desvío dun camiño de terra. É mellor aparcar neste punto e adentrarnos por esta vía terreña. Trátase dunha antiga casa-muíño abandonada, rodeada de vexetación e auga. Unha construción que tamén parece sacada dun conto.

Máis sobre os montes e sendeiros de Vigo.

[Esta reportaxe pertence á revista A movida de abril de 2021. Se queres comezar a recibir un exemplar na túa casa, apoiar o noso proxecto e participar en numerosos sorteos, faite #AMOVIDALOVER nesta ligazón. ]

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.