CAMELIAS MASCOTAS

Dez plans para desfrutar da primeira fin de semana de agosto en Vigo

Propoñemos dez plans para facer en Vigo do 3 ao 6 de agosto . Os concertos, os festivais e as festas tradicionais nas parroquias continúan a copar a axenda das fines de semana de verán. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

FESTIVAL SONRÍAS BAIXAS – Xoves a sábado en Bueu – Diaria 30,00 € / abono 60,00 €

Natos e Waor, La Pegatina e Macaco encabezan a 20ª edición do SonRías Baixas, que se celebra os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu. O festival aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska e que completan máis de vinte artistas.

FESTAS DE MATAMÁ – Xoves a domingo en Matamá – De balde

A Parroquia de Matamá rende homenaxe á Virxe das Neves cunha festa de seis días, do 1 ao 6 de agosto, nos que a comisión aposta pola música tradicional e orquestras. Ademais o venres subirán ao escenario Heredeiros da Crus. 

Esta fin de semana tamén hai verbena en Teis e A Guía e nesta ligazón podedes consultar o calendario completo de festas populares en Vigo.

CONCERTO DE TXUVASCO NO CICLO CURIOSIDADES SOLITA – Venres ás 21h en Villa Solita – De balde

O grupo de punk rock galego actúa este venres en Villa Solita, casa indiana en Alcabre rehabilitada no 2019. Co obxectivo de difundir coñecemento do patrimonio da cidade e desfrutar da música en directo, o palacete acolle concertos todos os venres do verán (ver programa completo).

CONCERTO DE PAULA PEQUENA – Venres ás 21:30h na Fábrica de Chocolate – 7,50 €

Paula Pequena presenta o seu novo proxecto musical, Luego Vuelas en directo e con banda na Fábrica de Chocolate de Vigo.

CONCERTO DE TEKILAS – Venres ás 24:00h en Molotov – 6,00 €

O grupo tekilas publica o seu último traballo Cactus. Despois do concerto haberá unha afterparty con Dj Sets de Iagh0st e Vaira.

ANIVERSARIO DE CHICO! – Sábado ás 20h no Plaff – De balde

Pablo Carreiro celebra o camiño percorrido polo seu cómic Chico!, tres volumes con tintes autobiográficos que contan o día a día dun chico queer en Vigo, con estética otaku e moita retranca galega. Abrirá o coloquio a asociación avante LGBT+ Vigo.

BANDA DE GAITAS CHARAMUSCAS – Sábado ás 20:30h na Porta do Sol – De balde

Concerto da banda de gaitas Charamuscas da sociedade Cultural Helios de Bembrive na Porta do Sol durante as Festas do Cristo da Victoria.

CONCERTO DE LIDIA INDIA – Sábado ás 21:00h en Deilán Praia – De balde

Lidia India é unha cantora e compositora ferrolana influenciada polas súas viaxes por latinoamérica, especialmente no Brasil. A cantora estará acompañada por Mauricio Caruso e César Yáñez no Chiringuito a pé de ría en Vilaboa.

CONCERTO DE SARA CASAS – Sábado ás 23h en Cañaveral – De balde

REVISTA NOVEMBRO

Sara Casas é unha cantautora galega influenciada polas historias persoais de xente de todas as partes do mundo e artistas como Chavela Vargas, Silvio Rodríguez e Silvia Pérez Cruz.

FESTAS DO MONTE – Domingo ás 11:00h no Parque Forestal de Beade – De balde

A Comunidade de Montes de Beade organiza a XXXII Festa do Monte. A festa comeza con reparto de sardiñas e pan de millo de balde para todos os asistentes e contará con actuacións musicais durante toda a xornada.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.