CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

'Chico!', con Pablo Carreiro

04ago20:00'Chico!', con Pablo CarreiroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Plaff

Detalles do eventos

A sala PLAFF (Rúa Oliva 8, Vigo) acollerá o venres 4 de agosto a partir das 20:00h a celebración de todo o camiño percorrido por Chico! Los que van detrás de la fila, a serie de cómics de Pablo Carreiro.

Pablo Carreiro percorrerá os tres volumes publicados ata agora e compartirá novidades sobre o tomo que publicará a finais de ano. A historia de Chico! reflicte moitas das experiencias e desafíos dunha adolescencia queer. A súa trama situada na cidade de Vigo supuxo toda unha viaxe emocional cara a tempos pasados e recordos persoais do autor, nunha historia con estética otaku e moita retranca galega.

Nesta ocasión, Carreiro non estará só. A asociación AVANTE LGBT+ VIGO comezará o evento cunha charla informativa sobre a comunidade e os seus novos proxectos e iniciativas.

Máis

Hora

4 agosto, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

Plaff

Rúa Oliva, 8, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events