COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Curiosidades Solita: TXUVASKO

04ago21:00Curiosidades Solita: TXUVASKOCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita

Detalles do eventos

O venres 7 de xullo comezou unha nova edición do ciclo de concertos de verán en Villa Solita, a casa indiana rehabilitada en Alcabre no 2019. Este proxecto cultural combina o coñecemento do patrimonio da cidade e a música en directo co obxectivo de converter o espazo nun encontro histórico-artístico. Este verán continúase a liña de pasadas edicións cunha programación na que se dá cabida a grupos galegos de diferentes estilos: rock, jazz, metal, folk, punk e mesmo trap. Todas as actuacións son ás 21:00 h e gratuítas.

PROGRAMA:

7 DE XULLO – FILLOAS

Filloas é un artista de pop urbano en galego que aposta por unha música coa que non pararás de bailar e moverte cun
estilo baseado na autenticidade das súas letras, que se misturan con ritmos clásicos como o punk con outros máis odernos como o hyperpop ou o trap.

14 XULLO – FAÍSCAS

Faíscas é grupo emerxente formado por Lara e Brais, que a través da voz, a guitarra, a pandeireta e o looper como instrumentos, propoñen un proxecto intimista, en galego, que bebe de diferentes xéneros como o indie e o folk para plasmar as inquedanzas dunha xeración que mira cara atrás nun intento de reflexionar sobre o mundo actual pero sen caer a idealización dun pasado bucólico.

21 XULLO – LAMPREA EXPLOSIVA + ZUNZÚN

Nunha dobre sesión contaremos con Lamprea Explosiva, dúo de punk frenético e agresivo que buscan o desmantelamento de toda estrutura de poder para que nin se che ocurra parpadear; e con Zunzún, unha poposta musical que plantexa pequenas estruturas mutables, que exploran o ritmo e a repeticion dende a improvisación ata que a forza da desorde actúa e racha todo posible acordo anterior. As guitarras berran, os sintes crepitan e o saxo ouvea porque a casa está a caer.

28 DE XULLO – ITH

Ith é un príncipe celta que dá nome ao grupo que forman Miguel, Toxo, Alberto, Gonzalo e Lucía. Formado en Xanceda (Mesía-A Coruña) e arredores mantén o principio de facer rock en galego. Tras unha longa traxectoria musical e con catro discos autoeditados, en 2022/2023 sacan o seu novo traballo “Solsticios”, unha aposta por un estilo máis aguerrido e cercano ao rock que os anteriores álbums. A música de Ith guíase polas influencias de diversos grupos do rock, do heavy ou do pop, influencias que achegan cada un dos seus compoñentes, e que se aglutinan nas súas cancións.

4 DE AGOSTO – TXUVASKO

Txuvasko formouse en 2012 da man de Íñigo, voz e guitarra ao que acompañan Fer aos coros e baixo e Manu á batería. Debutan na escena musical en 2012 e en 2014 gravan a súa primeira demo “La semilla de la ira”. Durante 10 anos tocan con diferentes bandas ata que en 2022 entran en Mafia Estudios para gravar o seu primeiro disco de longa duración do que adiantan o single “Revienta” que ven acompañado do seu primeiro videoclip.

11 DE AGOSTO – DOOMNIGHT

Doomnight é unha banda viguesa de metal gótico con toques sinfónicos e progresivos creada en 2019, e formada por Diego á guitarra, Michelle ao baixo, Iago na batería e Laura como voz solista.

18 DE AGOSTO – SERGIO DE MIGUEL. ATLÁNTIDA

Regresa a Solita Sergio de Miguel acompañado de Víctor Blagoev no baixo eléctrico, Isaac Romagosa á guitarra e Gudy Prada na batería. O pianista e compositor vigués afincado en Bostón presentará o seu último proxecto, “Atlántida”, no que fusiona melodías galegas con jazz, flamenco, ritmos latinos e elementos da música clásica. En palabras de Abe
Rábade “a música de Sergio é profunda; dunha madurez compositiva que hibrida elementos impresionistas,
latinoamericanos, norteamericanos e galegos. O seu son é nidio; xa toca o que escoita e quere tocar”.

Máis

Hora

4 agosto, 2023 21:00(GMT+02:00)

Localización

Villa Solita

Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events