
SonRías Baixas
03ago(ago 3)20:3005(ago 5)23:59SonRías BaixasFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 30,00 €20:30 - 23:59 (5)
Detalles do eventos
Natos e Waor, La Pegatina e Macaco encabezan a 20ª edición do SonRías Baixas, que se celebra os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu. O festival
Detalles do eventos
Natos e Waor, La Pegatina e Macaco encabezan a 20ª edición do SonRías Baixas, que se celebra os días 3, 4 e 5 de agosto en Bueu. O festival aposta de novo por unha proposta musical ecléctica, na que teñen cabida xéneros tan variados como o rock, os sons urbanos, a electrónica, a rumba ou o ska e que completan máis de vinte artistas.
Programa:
Xoves 3 de agosto
Boikot, Samuraï, Lendakaris Muertos, Santa Salut, 30s40s50s, ETS
Venres 4 de agosto
Natos y Waor, Queralt Lahoz, Muyayo Rif, Tremenda Jauría, Lia Kali, La Ganga Calé, Cool Nenas
Sábado 5 de agosto
La Pegatina, Macaco, Dubioza Kolektiv, Arde Bogotá, Ortiga e Pili Pampín, LaMontagne & PicoAmperio, Grande Amore, Lamatumbá, María de Juan, ninhodelosrecaos.
Entradas:
A venda de abonos segue dispoñible desde a web do festival. No proceso de compra está incluída a opción de sumar a zona de acampada, gratuíta, e situada a escasos 150 metros da praia e do propio festival, e que este ano como novidade estará aberta desde o mércores día 2, a xornada previa a que a música comece a soar en Bueu. As entradas de día non inclúen acampada.
Máis

Hora
3 (Xoves) 20:30 - 5 (Sábado) 23:59
Localización
Bueu
Bueu, Pontevedra