CAMELIAS MASCOTAS

Agasallos de sete estralos

Como non podería ser doutra forma, o Nadal fainos botar a vista atrás e lembrar todo o que superamos xuntos este ano. Distancia social, vacinación exitosa, reapertura da hostalería e do lecer nocturno. Tamén volveron as reunión cos amigos, os concertos, o cinema e o teatro. Por fin podemos vernos as caras, aínda que sexa tras a máscara polo de agora, e debemos celebrar estos logros como o merecen.

Por iso estas festas nos propoñemos lembrarlles aos nosos que sen eles este longo ano non sería nin a metade de bo, apostando polos negocios de proximidade á hora de elixir os agasallos. A Movida mantén ese compromiso coa plataforma Eu regalo local. Aquí podemos navegar por escaparates vigueses e atopar propostas orixinais de artesanía galega que farán esquecer as compras superfluas en grandes comercios e marcas, máis impersoais e menos orixinais.

Para ir abrindo boca, deseguido presentamos sete propostas estelares con selo galego.

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)