REVISTA ABRIL

Serink, agasallos personalizados

Os vigueses Minia e Alejandro celebran este ano o oitavo aniversario da súa marca Serink. Estes dous artistas deixaron ás súas costas un longo camiño na personalización téxtil para emprendedores, clubs deportivos, grupos de música, eventos, empresas e ilustradores, entre tantos outros. Os seus proxectos están enfocados para particular e empresa, e contan cunha asesoría personalizada para que o teu produto final sexa o que estabas a esperar. En Serink están en constante evolución. Desde que empezaron aumentaron as súas técnicas de estampaxe, aínda que a súa favorita segue sendo a serigrafía, que namorou a Minia e Alejandro cando estudaban na facultade de Belas Artes. Minia, tan apaixonada pola serigrafía, mesmo acabou traballando na universidade como responsable do taller de gravado e serigrafía da universidade de Vigo, coa supervisión de Zabala, un mestre que se converteu nun gran amigo.

Por que nos parece que regalar este nadal unha camiseta ou un suadoiro cunha serigrafía personalizada é unha boa idea? Porque é un agasallo orixinal e irrepetible, unha peza única que pode dicir moito da persoa que a leva posta. Se che apetece facer un detalle cunha mensaxe especial para unha persoa importante propoñémoste que te poñas ao choio e realices o teu propio deseño na web de Serink. Deixa voar a túa imaxinación e escolle que ilustración e que mensaxe queres agregar á túa peza, as cores, a tipografía, a disposición… Ti es o artista e Serink encárgase de estampar a túa camiseta ou suadoiro para que o teu agasallo sexa auténtico. Ademais, se o fas agora, gozarás dun 10% de desconto no teu deseño final!

Non só poderás personalizar a túa roupa, senón que Serink tamén traballa na personalización de obxectos e complementos:

Se tes un deseño, debuxo ou fotografía que crees que che alegraría as mañás, non dubides en estampalo sobre unha cunca (12,00 €). Para estes días de frío que mellor que tomar un te nunha cunca ao teu gusto, alegrarás ata a mañá do luns!

Se prefires colgar a túa propia arte no ombreiro recomendámosche que a estampes con tintas ecolóxicas sobre unha das súas tote bags tamén de algodón ecolóxico (16,00 €). Con esta bolsa aforrarás plástico cando vaias facer a compra e de paso poderás lucir un deseño propio e levalo ao ombreiro.

Tes un equipo? Se a resposta é si… Serink pode poñerse ao choio co teu equipamento deportivo (a partir de 25,00 €). Son expertos neste tipo de pezas e, ademais, atenderán todas as túas dúbidas e necesidades para que as cores do teu equipo brillen máis ca nunca.

Estás a pensar en emprender para mostrarlle ao mundo o teu concepto de moda? As túas ideas para a túa propia marca poden materializarse como creacións en forma de téxtil. Camisetas, camisas, gorros, roupa de baño… o límite o pon a túa imaxinación. Anímaste a crear da man de Serink?

Web: www.serink.es

REVISTA ABRIL

Facebook: @serink

Instagram: @serinkvigo

Dirección: Alexandre Bóveda Nº4 bajo, 36210 Vigo

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.