Sen bolsa, por favor
A psicóloga madrileña Ana Minué vive desde hai catro anos en Galicia, terra da que está profundamente namorada. Cóntanos que comezou a coser coa axuda da súa avoa e esta afección acabou converténdose na súa marca de bolsos: Quesiquierehbolsa (QSQB).


Esta marca reflicte a capacidade de Ana de atopar beleza e inspiración no que a rodea: os paseos, o cinema, a música, os libros, a moda e a rutina diaria da xente. Para confeccionar os seus bolsos, a deseñadora usa teas recicladas que vai atopando e fai moitas visitas a Retales Lida, unha tenda de toda a vida grazas á que pode encontrar materiais únicos para reutilizar ao tempo que apoia o comercio local.
QSQB reivindica o artesanal, o feito con agarimo e o próximo, así como tamén unha forma de consumo distinta e consciente. Entre os produtos que ofrece por encargo ou en coleccións cápsula atopamos bolsos, bandoleiras, fundas para computadores portátiles e ata para libros. Na súa web qsqb.es podemos ver os seus deseños orixinais e coloridos e os seus estampados para todos os gustos. Leva sempre enriba o teu Quesiquierehbolsa e non volvas pedir unha bolsa de plástico no súper!


Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Dez ideas de regalo local para este Nadal - 10 Decembro, 2025
- Crea pezas únicas ou dálle unha segunda vida a calquera roupa con Felicetta Gualtieri - 10 Decembro, 2025
- Panda Bohème: agasallos para amantes da escritura - 9 Decembro, 2025
- Better Late: nostalxia moderna - 7 Novembro, 2025
- Füa Chaval, uniforme de superheroe - 2 Outubro, 2025


